Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-Musigal 2021- arranca este venres coa actuación de Andrea Pousa en Tui

A cantante tomiñense porá voz á primeira actuación deste ano do programa da Deputación de Pontevedra, que terá lugar no Teatro Municipal de Tui ás 20.00 horas

A cantante tomiñense porá voz á primeira actuación deste ano do programa da Deputación de Pontevedra, que terá lugar no Teatro Municipal de Tui ás 20.00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui é o lugar elixido para dar comezo a unha nova edición de Musigal, o programa da Deputación de Pontevedra que contribúe á difusión e promoción da música galega e en galego. Será este venres ás 20.00 horas cando a cantante tomiñense Andrea Pousa suba ás táboas do escenario para facer desfrutar ao público da súa voz nunha actuación que contará cos protoco9los e as medidas de seguridade sanitaria pertinentes. A deputada provincial Victoria Alonso será unha das persoas que asistan ao concerto, para o que é preciso reservar entrada a través do sitio web do concello.

A de Tui será a primeira das 55 actuacións que a Deputación ten programadas en toda a provincia. En total, serán 26 as agrupacións musicais que percorran os concellos de menos de 50.000 habitantes ata o 18 de decembro, cando Leilía poña o broche de ouro a esta edición de Musigal cun concerto na Illa de Arousa. Tras o concerto de Andrea Pousa en Tui, a próxima cita será con Roi Casal en Pontecesures o 16 de maio. A partir de aí, artistas como Guadi Galego, Baiuca, Tanxugueiras ou Milladoiro ofrecerán concertos gratuítos espallando a cultura musical galega por cada recuncho da provincia de Pontevedra.

Aínda que a maior parte das actuacións concéntranse nos meses de xullo e agosto, con 22 e 18 concertos respectivamente, a música non parará de soar durante todo o que queda de 2021. No marco de Musigal haberá dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Ademais, os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.

Con este programa a Deputación de Pontevedra fai a cultura accesible ao conxunto da cidadanía e favorece a programación artística nos concellos. Do mesmo xeito, dinamiza a lingua galega e favorece a vivencia positiva e posta en valor do noso idioma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí