Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG cualifica de trapallada do PP ofrecerlle a Alcaldía

Anxo Baz, considera que -é momento de mirar cara adiante e traballar coa sociedade para saír desta crise, e aí estamos-

Anxo Baz, considera que -é momento de mirar cara adiante e traballar coa sociedade para saír desta crise, e aí estamos-

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Diciembre de 2020

Fuente: BNG A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego considera unha trapallada a proposta que brindou esta mañá o portavoz do PP, Roberto Carrero, ofrecendo a Alcaldía ao BNG, que vén confirmar as manobras contranatura que o PP aplica na política para intentar ter relevancia e xustificar a falta de iniciativa no concello da Guarda.

A desesperación do PP chega a límites inimaxinábeis. Só así se pode entender que hai un ano esixía ao alcalde da Guarda a retirada das competencias de goberno ao BNG e agora propoña unha Alcaldía do BNG.”

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, respostaba así sobre o tema ao ser preguntado pola veciñanza: "A cuestión non é ser alcalde, senón ter un modelo de concello para A Guarda, claro e definido. Queremos un goberno forte, decidido e transformador, como o que tratamos de poñer en marcha   no tempo que estivemos no goberno municipal, góstelle ou non ao PP ou ao PSOE'.

O BNG non apoiou os orzamentos do PSOE porque van ser ineficientes e non recollen acordos plenarios para solucionar  problemas concretos da veciñanza da Guarda; mais censura tamén que nos aspectos de calado e que definen un modelo de pobo, o PP estivo pegadiño ao PSOE e foi do seu brazo en temas como mobilidade  e recuperación do espazo público para as persoas ou nas estratexias para diminuir a emisión de gases á atmosfera, aspectos que son fundamentais para difinir un modelo de pobo atractivo e dinamíco que impulse a economía local e lle dea calidade de vida aos seus veciños. 

Anxo Baz, afirmou que 'non é momento de “inventos”, é momento de atender ao pobo da Guarda que está a pasar por momentos moi duros, polo que toca traballar para saír desta situación con iniciativas que noutras vilas o BNG puxo en marcha con éxito'.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones