Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo -De Vacas- actuará este venres na Praza do Reló da Guarda como parte do festival Música nas Prazas

Este venres día 26, ás 22 horas, na Praza do Reló da Guarda

Este venres día 26, ás 22 horas, na Praza do Reló da Guarda

Fecha: 26 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O verán guardés continúa cheo de ritmo e de moita e boa música. Este venres 26 de agosto hai unha nova cita dentro da primeira edición do festival Música nas Prazas. Tras o éxito do primeiro dos concertos, o da cantante e compositora viguesa Carmen Johns o pasado 29 de xullo, desta volta é a quenda do grupo galego De Vacas.

Chega á Guarda un dos grupos que están a revolucionar o panorama musical do noso país coas súas versións de cancións de sobra coñecidas polo público. Faia Díaz, Inés Salvado, Paula Romero e Guillerme Fernández conforman as catro patas dun proxecto que nacera coa idea de adicarse a versionar cancións das Spice Girls. Pero o concepto foi evolucionando e fixéronse coñecidos a través de internet grazas a unha versión da canción Gangnam Style, de Psy.

Tras dous anos de vida están a acadar cada vez máis sona coas súas "versións feas", tal e como eles as denominan. É dicir, danlle unha volta a cancións moi coñecidas e, en moitos casos, xa aborrecidas polo gran público, cun resultado sorprendente.

Trátase pois dunha gran oportunidade para desfrutar dun grupo que está a facer as delicias do público alá por onde pasan e que ofrecerá a súa actuación este venres día 26, ás 22 horas, na Praza do Reló da Guarda. En caso de choiva o concerto terá lugar no Centro Cultural.

O cartel do Música nas Prazas o completan outras tres actuacións, a cargo de grupos guardeses. O venres 16 de setembro o grupo punk rock 'Unabombers' tocará na Praza de San Caetano. O xoves 22 de setembro será a quenda de SONGODIN'S, que interpretará as súas versións de cancións coñecidas na Praza de Salcidos. E para rematar esta primeira edición de "Música nas Prazas" o grupo 'Nobles' actuará, co seu estilo persoal ó que eles mesmos denominan gas noble, o venres 30 de setembro na Praza de San Amaro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones