Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O prazo de presentación de proxectos para a última convocatoria de axudas do GALP Ria Vigo-A Guarda está aberto ata o 28 de febreiro

As persoas interesadas poden contactar coa entidade para solicitar a subvención

As persoas interesadas poden contactar coa entidade para solicitar a subvención

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Febrero de 2022

Fuente: Galp Ría de Vigo-A Guarda

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda quere animar ás persoas emprendedoras dos concellos da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) a solicitar as liñas de axudas que proveñen da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que canaliza esta entidade.

Esta é a última convocatoria de axudas FEMP 2014-2022 e o prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro de 2022. Estes fondos que contribúen a mellorar e dinamizar o tecido socioeconómico potenciando as actividades relacionadas coa pesca.

Os proxectos que se presenten poden ser de dous tipos: para investimentos produtivos e para investimentos non produtivos. Os produtivos son aqueles que supoñen a realización dunha actividades económica e nos que se producen bens ou servizos e supoñen a creación ou mantemento de emprego. Os proxectos non produtivos non supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica e teñan carácter de interese público.

Unha das condicións para que os proxectos presentados opten á axuda é que encaixen dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Ría de Vigo-A Guarda que centra os seus obxectivos, entre outras cuestións, na mellora da competitividade do sector pesqueiro, a creación de emprego e atracción da mocidade, o aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, a innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros (produción, comercialización e distribución), e en actuar como garante dunha actividade sostible que promova o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Para máis información as persoas emprendedoras cunha idea de negocio a desenvolver no territorio poden chamar ao 986 35 81 09 ou ao 646 87 31 06; ou ben enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo  galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal. As persoas interesadas recibirán información sobre os prazos de presentación de solicitudes, así como de todos os trámites para a presentación e elaboración da documentación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí