Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

SINALIZADO O PRG-160 DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

Esta semana quedou totalmente sinalizada a rura da desembocadura do Miño que forma parte do PRG-160.

Fecha: 20 de Septiembre de 2012

Fuente: anabam.org

Unha nova ruta, denominada PR-G 160, ou ruta da Desembocadura do Miño, acaba de ser sinalada nesta semana coa colocación de varios carteis informativos (paneis verticais e mesas) na que se da diversa información da zona en cuestión.


 

As mesas seguen o mesmo modelo que as que foron colocadas na ruta das cetáreas, isto é, teñen dúas partes, unha delas escrita en Braille e a outra con fotografías e texto.


 

A ruta da desembocadura se inicia (ou remata) na zona húmida da Xunqueira de Salcidos, continúa percorrendo a ribeira fluvial e remata (ou se inicia) na zona litoral, na confluencia enhtre o paseo de madeira e o de cemento, si ben, pódese continuar o itinerario pola senda para entroncar coa ruta das cetáreas.

 

En total, a ruta da desembocadura do Miño ten un percorrido de ida e volta de case que 12 quilómetros e unha duración de 6 horas e 45 minutos.


Nas distintas confluencias dos camiños polos que pasa esta ruta, foron colocadas tamén sinais direccionais indicando o número de metros que hai para chegar a un determinado destino. O da fotografía se atopa no camiño de baixada ao Seixal.


 

Botamos en falta que non se colocaran paneis informativos nos diferentes puntos nos que sinalan as sinais direccionais. Isto é, debería de poñerse tamén carteis co nome da zona cando se chega a ela, porque sinón, moitas non saben se chegaron ou pasaron das mesmas; así nas Pozas debera haber un panel indicativo con este nome, o mesmo en Barbela ou na praia do Caldeiro, por poñer algúns exemplos.

 

 

 

En calquera caso, vaian as nosas felicitacións porque a idea nos parece moi boa.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí