Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-SINIESTRO TOTAL- INCORPÓRASE AO CARTEL DO FESTIVAL ROCK IN WAY QUE AFIANZA A SÚA APOSTA POLO MELLOR ROCK GALEGO

O festival, que conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, suma xa dez formacións galegas no cartel, ofrecendo un panorama do máis interesante pop-rock feito aquí, ao tempo que programa grupos de

Fecha: 25 de Agosto de 2011

Fuente: www.xunta.es

SINIESTRO TOTAL

O grupo de punk rock Siniestro Total incorpórase ao cartel do festival Rock in Way promovido pola Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago os días 9 e 10 de setembro. O festival, organizado por Zircozine Music, con Last Tour International como empresa asociada, conta ademais co patrocinio de Estrella Galicia e Gadis. Con esta incorporación dunha das bandas referente no rock galego e español, Rock in way conta xa con dez bandas de Galicia presentes no cartel. O festival quere ofrecer así un amplo panorama do pop-rock que se fai neste momento aquí, ao tempo que presenta algunhas das bandas máis potentes do panorama internacional e estatal, como The Offspring, The Specials, The Charlatans, The View, Bad Manners, Rinôçérôse, Delorean ou Sôber.

 

Creada en Vigo e composta por Julián Hernández, Javier Soto, Angel González, Jorge Beltrán e Oscar G. Avendaño, Siniestro Total é unha banda de rock que forma parte da banda sonora de distintas xeracións, desde que en 1982 o seu disco ¿Cuándo se come aquí? impactou con forza na escena rock española. Foi o principio dunha traxectoria na que esta banda de currantes soubo evolucionar desde o punk máis gamberro ata o seu potente son actual. No seu haber, cancións como "Las tetas de mi novia", "Ayatollah", "Miña terra galega", "¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿A dónde vamos?", "Bailaré sobre tu tumba", "Camino de la cama" ou "Cuenca minera", e un último disco, Country & Western, nominado aos Premios de la Música como mellor álbum de rock.

 

O festival completará pronto un cartel de máis de 20 bandas en dous escenarios. Destaca a presencia de The Offspring, un dos grupos de rock máis grandes do mundo, as lendas da música The Specials, The Charlatans ou The Toy Dolls, a mestura de rock e electrónica de Rinôçérôse e Delorean, os potentes directos de Triángulo de Amor Bizarro, Muchachito Bombo Infierno, Tote King e Sôber, e os clásicos do rock arxentino Las Pelotas. Xunto a Triángulo de Amor Bizarro, a ampla representación galega está formada por Niño Y Pistola, The Blows, Igloo, Dirty Socks, Novedades Carminha, Los Chavales, Riff Raff e Temazo Showcase (Malandrómeda, Juanito Broders e Furnier).

 

Venres 9 de setembro

The Offspring

Bad Manners

The View

Muchachito Bombo Infierno

Sôber

Triángulo de Amor Bizarro

Igloo

Niño Y Pistola

Los Chavales

Riff Raff

Dirty Socksç

DJ Santi La Rock / DJ Cro

 

Sábado 10 de setembro

The Specials

The Charlatans

The Toy Dolls

Rinôçérôse

Siniestro Total

Delorean

Tote King

Las Pelotas

The Blows

Novedades Carminha

Temazo Showcase (Malandrómeda, Juanito Broders, Furier)

DJ Santi La Rock / DJ Cro

 

Abonos a 32 euros

O festival quere chegar a todos os petos, polo que aposta por ofrecer abonos de dous días con cámping incluído a prezos anticrise, en lugar de entradas dun só día. Os abonos custan 32 euros máis gastos de distribución. Un acordo con Hotel Ciudad de Vacaciones Monte do Gozo permitirá aos que adquiran abonos reservar aloxamento con prezos especiais no albergue e o hotel situados ao lado do recinto dos concertos.

 

Os puntos de venda serán os seguintes:

- Ticketmaster: www.ticketmaster.es

- Novacaixagalicia: 902 43 44 43, www.novacaixagalicia.es, www.servinova.com

- A Reixa Tenda (Santiago) Pub A Reixa (Santiago).

- Discos Portobello (A Coruña).

- Discos Elepé (Vigo)

- Peggy Records (Ourense).

- Don Disco (Lugo)

- Hiper Froiz (Pontevedra).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones