Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Son Rural- para achegar actividades lúdicas innovadoras no Rosal

O programa Leader financiou con máis de 37.000 euros esta iniciativa pioneira no Baixo Miño que supuxo a creación de dous novos postos de traballo para xente moza

O programa Leader financiou con máis de 37.000 euros esta iniciativa pioneira no Baixo Miño que supuxo a creación de dous novos postos de traballo para xente moza

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa aposta polo desenvolvemento rural a través do apoio a novos proxectos que inciden directamente na dinamización económica dos 13 concellos do seu territorio. A presidenta de Eu Rural, Sandra González, e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, visitaron este venres o espazo de ‘Son Rural’, un dos proxectos financiados a través da última convocatoria do Programa Leader.

Acompañadas da promotora do proxecto, a rosaleira Sara Otero, coñeceron de primeira man  esta iniciativa pioneira no Baixo Miño coa que se creou un novo servizo de actividades lúdicas diferentes e innovadoras para nenos e nenas e as súas familias, enfocadas a fomentar o deporte, a creatividade, a imaxinación e a unidade familiar. As actividades, ademais, van dirixidas a mellorar os factores de adaptación dos menores, así como das súas familias.

A presidenta de Eurural destacou “o valor de iniciativas como a que puxo en marcha esta valente emprendedora, proxectos que dan resposta a necesidades aínda non cubertas no noso rural e que axudan a crear novas oportunidades”. Oportunidades que en ‘Son Rural’ se traducen na creación de dous novos postos de traballo para persoas mozas, un o da propia promotora, unha muller de 26 anos nada e criada na contorna. “É un orgullo ver a iniciativa que ten a nosa mocidade para sacar adiante ideas innovadoras que sen dúbida darán un gran servizo á comarca”, explicou a rexedora rosaleira.

Para a posta en marcha do proxecto investíronse case 178.000 euros que se destinaron á adquisición do inmoble e ao seu acondicionamento, á dotación de equipamentos para a realización de rutas como bicicletas e material deportivo, á instalación dunha carpa para realizar eventos e equipamento e maquinaria para a xestión e mantemento das instalacións.

O proxecto obtivo unha puntuación de 72 na concorrencia competitiva da convocatoria Leader 2021/2022, que confinanciou máis de 37.000 euros a través de axudas FEADER no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) a través da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dependente da Consellería de Medio Rural, para a xestión da medida Leader nos concellos do territorio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones