Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-SUSPENDIDO- MÁIS DE 1.400 PERSOAS DESFILARÁN NO ENTROIDO DE TUI ESTE LUNS, FESTIVO LOCAL NA CIDADE

Duplícase a participación con respecto a 2015. Sairá ás 17.30h das rúas novas.

Duplícase a participación con respecto a 2015. Sairá ás 17.30h das rúas novas.

Fecha: 08 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de Tui

-EVENTO SUSPENDIDO-
Suspendido o desfile-concurso de ‪#‎Entroido‬ en ‪#‎Tui‬. As intensas choivas previstas para esta tarde motivaron esta decisión. Mañá nunha reunión coa comparsas establecerase nova data, ante a previsión de choiva que de novo hai para o sábado. 
Máis de 1.400 persoas participarán o próximo luns, 8 de febreiro, festivo local na cidade, no Desfile-Concurso de Entroido en Tui. Esta cita festiva duplica a súa participación respecto ás últimas edicións de tal xeito que este ano desfilarán 18 comparsas, o máximo establecido nas bases. Os participantes chegarán de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Vigo, O Porriño e Mos presentando as máis diversas propostas de Entroido inspirados en temas de actualidade coma a praga do picudo vermello, ou apostas por deseños animados, tribos, ou motivo mariños.

O desfile-concurso comezará o luns, ás 17.30h, no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 13 ás 17.30h.

Son varias a novidades que presenta o Entroido en Tui este ano, unha delas é o cambio na data de celebración que este ano será o luns, festivo local na cidade. Por outra parte non todos os membros do xurado que outorgarán os premios irán identificados, e valorarán a actuación das comparsas ao longo de todo percorrido polas rúas novas.

Repartiranse preto de 12 mil euros entre premios e compensacións por participar. Hai sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€.
Ao finalizar o desfile e mentres o xurado delibera actuará a orquestra Terranova.

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido o luns dende ás 14h non se poderá estacionar e estarán pechadas ao tráfico as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Enterro do Bacallau
A despedida do Entroido en Tui será o próximo domingo, 14 de febreiro, coa celebración do Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando. Coma novidade este ano a lectura do testamento do Bacallau correrá a cargo das actrices Areta Bolado e Noelia Castro de "A Panadaría"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí