Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño participa en dúas mesas redondas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xunto a autoridades de Latinoamérica e África

As concelleiras de Medio Ambiente e Educación presentaron as bases do Plan de Implementación dos ODS do concello, que está en fase de creación

As concelleiras de Medio Ambiente e Educación presentaron as bases do Plan de Implementación dos ODS do concello, que está en fase de creación

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

As concelleiras de Educación, Igualdade e Servizos Sociais (Cristina Martínez Souto) e de Medio Ambiente (Ana Belén Casaleiro González) do Concello de Tomiño, participaron esta semana de forma online, en dúas mesas redondas, co fin de expoñer a experiencia na planificación municipal dos ODS, apoiadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

A actividade tivo lugar no marco do curso internacional “LocalizaODS: Fortalecendo as capacidades para a territorialización da Axenda 2030, organizado polo Centro de Capacitación e Promoción da Democracia (CECADE).

 

A primeira das mesas redondas contou tamén coa presenza de coordinadores dos ODS a nivel nacional de Arxentina, México e Ecuador.

Na segunda das videoconferencias, as concelleiras puideron dialogar con  representantes da Cámara Municipal de Santa Cruz (Cabo Verde) e do Servizo Provincial de Economías e Finanzas de Maputo (Mozambique).

 

As concelleiras tomiñesas expuxeron a experiencia de creación do Plan Municipal de Implementación ODS, no que se seguiron varias fases (diagnose inicial, análise, contacto con axentes, etc.) para chegar á creación da ferramenta final, aínda en proceso de desenvolvemento. Neste sentido, puideron recoller datos moi interesantes das entidades e  países participantes, atopándose algúns deles nun estadio moi avanzado na posta en marcha dos obxectivos.

 

Un elemento que non puido deixarse de abordar, foi a pandemia do Covid-19; co fin de repensar as estratexias da Axenda 2030 que requiren unha reconfiguración.

 

Hai que lembrar que Tomiño é un dos 4 municipios galegos seleccionados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (do cal o Concello é socio) para redactar un Plan Municipal para a Implementación dos ODS; proceso no que se atopa inmerso.

Así, Tomiño, é o único concello de Pontevedra seleccionado para por en marcha esta iniciativa (cofinanciada a través dun convenio coa Xunta de Galicia), xunto a Fene (A Coruña), Barreiros (Lugo) e Pobra de Trives (Ourense).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí