Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

32 FILMES PARA A EDICIÓN MÁIS INTERNACIONAL E FEMININA DE PLAY-DOC

O festival de documentais, a celebrarse do 22 ao 26 de abril, presentou esta mañá todos os seus contidos, con especial protagonismo da francesa Claire Simon

Como novidades, espazos para a crítica, a canteira de cineastas do certame e sesións especiais con homenaxes aos realizadores Albert Maysles e Manuel Mozos

Fecha: 17 de Abril de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais presentouse esta mañá en Tui, en rolda de prensa. Acompañaron aos directores Sara García e Ángel Sánchez; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez. Sánchez quixo destacar que Play-Doc é un proxecto independente, que se fai "dende a máis absoluta resistencia cultural e económica". E así son tamén os filmes que se programan; 32 en total, chegados de 17 países, nun ano con especial presenza feminina. A metade destas cintas están dirixidas por mulleres.

"Non hai discriminación positiva", aclarou a directora artística Sara García, explicando que "todas e cada unha das películas seleccionadas están aí por tratarse de propostas frescas, que forman parte do panorama máis innovador da non-ficción". En todo caso, dixo sentirse satisfeita con esta elevada representación feminina, algo que non é habitual neste tipo de citas. O compromiso co cinema de calidade máis independente levou a Play-Doc o ano pasado ata Nova York, recordaron os seus organizadores, onde foi recoñecido coma una dos dez certames máis excitantes da tempada no marco do Best Fest Film Series.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sacou tamén peito, indicando un ano máis que é toda unha honra para a localidade, contar cun festival destas características, que atrae a xente de todo o mundo. Para o rexedor municipal, esta cita é o acto cultural máis importante da cidade. Tamén resaltou o valor do certame Anxo Lorenzo. A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra apoian economicamente o festival, ao igual que o concello. O ICAA (Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales) e AC/E (Acción Cultural Española) completan as axudas públicas a Play-Doc, que se nutre tamén de Gas Natural Fenosa, o operador de fibra óptica R, Gadis e Hijos de Rivera como principais patrocinadores, "nun contexto no que cada ano resulta máis difícil financiar o festival", incidiu Ángel Sánchez.

As seccións de sempre, con máis contido
Sara García explicou que o festival manterá a súa estrutura básica, fiel á filosofía de sempre, a dun festival compacto e reducido, de calidade, próximo ao espectador e os cineastas. A apertura dunha segunda sala dende a pasada edición permitirá nesta ocasión aumentar o número de filmes proxectados. Cada ano, Play-Doc dedica retrospectivas a grandes cineastas. En 2015, presentará 7 filmes representativos da obra da francesa Claire Simon, un referente do cinema que mestura a ficción co documental. Hoxe isto é común, pero nos 90 foi unha das pioneiras desta tendencia, inspirando a moitos cineastas posteriores. Amais de mostrar o seu traballo, a gala ofrecerá unha clase maxistral para explicar as características da súa metodoloxía.
A sección oficial estará composta por 7 títulos, e combina a aposta por novas promesas con títulos dirixidos por realizadores moi recoñecidos como Fernand Melgar, Göran Hugo Olsson ou J.P. Sniadecki. Outro clásico do festival é Play-Doc Live! 1906, consistente nun concerto acompañado dun filme sobre o artista que sobe a escena. Nesta ocasión o músico luso The Legendary Tigerman virá presentar o seu último álbum, True, e a cinta homónima, sobre o proceso creativo do disco.

Como leva facendo dende os inicios, Play-Doc apostará polo cinema de Galicia, cunha sección específica que recolle os 7 títulos documentais máis destacados da tempada. As películas galegas independentes están a acadar un grande prestixio internacional, mediante a súa presenza e premios en festivais de cinema de probado prestixio de todo o mundo. O sector pasa por un momento especialmente doce no creativo, que o certame debe apoiar. Amais desta selección, ofrecerase unha mesa redonda en torno aos filmes que están pensados para non ser exhibidos en salas tradicionais, e si na Internet, en museos, ou noutros espazos expositivos.

Novas seccións e premios
Da banda das novidades, as seccións Play-Doc Workshops e Resonancias. A primeira presentará tres traballos de cineastas que participaron en diversos obradoiros de edicións previas do festival, pois Play-Doc é tamén espazo de formación. En 2014 puxo en marcha, xunto á revista especializada A Cuarta Parede, un seminario sobre crítica, que mantén este ano, renovando temática, e engadindo Resonancias, a sección da crítica coordinada pola Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica. O certame suma amais un novo premio da crítica outorgado por CAMIRA (Cinema and Moving Image Research Association). A través destes novos socios, Play-Doc intentará ser un espazo de encontro para a crítica, e de diálogo desta co público.

O festival completará a súa programación con dúas sesións especiais dedicadas a cineastas moi queridos. O 25 de abril, para celebrar o aniversario da Revolución dos Cravos, o certame acollerá a proxección de dous filmes do reverenciado autor luso Manuel Mozos. Amais, contará coa estrea española de Iris, último traballo do recentemente falecido Albert Maysles, lenda do cinema directo, ao que Play-Doc acolleu hai dous anos cunha intensa retrospectiva. O festival desexa render homenaxe "a un dos mellores realizadores de documentais da historia do cinema", en palabras de Sara García, que recordou "a vitalidade e honestidade" de Albert Maysles ata o final dos seus días.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones