Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

6 rapazas do Baixo Miño solicitan as axudas da Deputación para formarse como adestradoras

No que atinxe ás modalidades deportivas, a maior parte foron peticións para cursos de formación para baloncesto e piragüismo, aínda que na relación tamén hai solicitudes doutras especialidades como bádminton, pádel, fútbol, fútbol sala, natación, loita,

Son mulleres dunha vintena de concellos da provincia que buscan adestrar en disciplinas como o baloncesto, piragüismo, fútbol, natación, pádel, bádminton, fútbol sala, loita olímpica ou kickboxing

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Diciembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Un total de 45 mulleres solicitaron as novas axudas da Deputación de Pontevedra para a súa formación como técnicas adestradoras na provincia, ás que a institución destina esta liña de apoio á igualdade no deporte cun orzamento de 15.000 euros nesta primeira convocatoria. A Deputación lanzou esta novidosa liña de achegas co principal obxectivo de fomentar o incremento de adestradoras nos equipos femininos e masculinos de base e de elite da provincia, e rachar deste xeito coa brecha de xénero existente como evidencian as actuais cifras de infrarrerepresentación feminina neste eido deportivo.

 

As 45 solicitudes son de rapazas  dunha vintena de concellos da provincia, a maior parte de Vigo (7) e Ponteareas (7), aínda que destacan tamén as petición solicitadas por mozas de Pontevedra (4), Tui (4), Bueu (2), Marín (2), O Porriño (2), Ponte Caldelas (2), Tomiño (2) ou Soutomaior (2). Outras solicitudes son de veciñas de Moraña, Poio, Vilagarcía, Mondariz, Cangas, As Neves, Salceda, Covelo, Salvaterra e Moaña.

 

No que atinxe ás modalidades deportivas, a maior parte foron peticións para cursos de formación para baloncesto e piragüismo, aínda que na relación tamén hai solicitudes  doutras especialidades como bádminton, pádel, fútbol, fútbol sala, natación, loita, kickboxing, montaña, patinaxe ou balonmán.

 

Amais de paliar a escasa presenza feminina no ámbito do adestramento, a Deputación confía en que estas axudas, que terán continuidade nos vindeiros anos, poidan impulsar que no futuro un maior número de mulleres poidan asumir altos cargos de decisión en organizacións deportivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí