Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

7 medallas para Os Teixugos na 3ª Copa Galega de Slálom

Dobre competición na que ademais houbo unha demostración amigable de caiac extremo, que será nova modalidade olímpica en Paris.

Dobre competición na que ademais houbo unha demostración amigable de caiac extremo, que será nova modalidade olímpica en Paris.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Marzo de 2022

Fuente: Rosa Carrera

Esta fin de semana nas augas do río Coura, no lugar de Covas, en Vilanova de Cerveira, tivo lugar a 3ª Copa Galega de Slálom e o Campionato Galego de Novas promesas. Dobre competición na que ademais houbo unha demostración amigable de caiac extremo, que será nova modalidade olímpica en Paris.

Ao campionato de novas promesas, no que participan os deportistas máis novos de cada club, o Deportivo Miño so acudiu con dous piragüistas. En K1 cadete,  Adrián Lluch, logrou o terceiro mellor tempo da categoría, conseguindo, por tanto, a medalla de bronce. O seu compañeiro, Rui Malheiro, na mesma categoría rematou noveno. Na clasificación final por equipos, ao ter tan baixa participación, o Deportivo Miño-Teixugos, rematou en quinto lugar, o último posto.

Na 3º Copa de Slálom, a participación foi máis numerosa, cun total de oito deportistas.

Nas categorías masculinas, en K1 veterano, Emilio Rodríguez foi o gañador da proba. En K1 sénior Brais Castro rematou cuarto, a décimas de segundo do podio. En K1 júnior, Alexis Segadaes, gañou a medalla de prata, na mesma categoría, Adrián Lluch foi sétimo e Rui Malheiro décimo cuarto. En C1 sénior, Luís Fernández gañou a proba, e o seu compañeiro Brais Castro foi terceiro.

Nas categorías femininas, Laura Alonso rematou terceira en K1 sénior e Ainhoa Barreiro foi segunda en K1 e primeira en C1.

Tres medallas de ouro para Luís, Emilio e Ainhoa; dúas de prata para Ainhoa e Alexis; e dúas de bronce para Brais e Laura, son un gran balance final para o Deportivo Miño na xornada. Na clasificación por equipos acadaron o segundo lugar cun total de 145 puntos, compartindo podio co Montaña Quixós de Monforte con 149 e o Club Penedo de Tui con 142.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí