Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

88 empresas e persoas autónomas da Guarda recibirán os 300euros da 2ª liña de axudas do Concello para paliar o impacto económico da COVID 19

? Esta liña de axudas, que estaba dirixida a negocios e entidades do 3º sector con actividade económica, repartirá un total de 26.400euros. Á mesma presentáronse 121 solicitudes, das cales cumpriron os requisitos esixidos nas bases un 72%.

? Esta liña de axudas, que estaba dirixida a negocios e entidades do 3º sector con actividade económica, repartirá un total de 26.400euros. Á mesma presentáronse 121 solicitudes, das cales cumpriron os requisitos esixidos nas bases un 72%.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Febrero de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Desde o inicio da pandemia o Concello leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos da COVID nas actividades económicas da vila.

Redución na taxa de lixo, exención do pago de ocupación de vía pública polas terrazas e flexibilidade para a ampliación das mesmas (con vixencia de 2020 a 2022), formación para a xestión do COVID na hostalería, creación de www.mercanaguarda.com, posta en marcha de campañas de concienciación para o fomento do consumo local, etc., foron algunhas das medidas postas en marcha polo consistorio guardés.

A estas accións uníronse dúas liñas máis de reactivación en forma de axudas directas. A primeira, que podía ascender a 700€, estivo dirixida a aqueles negocios que tiveron que pechar temporalmente a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.

Na segunda liña de axudas o rango de gastos subvencionables incluíron gastos en material de prevención da COVID, inversións necesarias para adaptar o negocio á pandemia, incluso gastos de arrendamento e de cotas de autónomos e Seguridade Social. 

O consistorio guardés sempre tivo claro que nesta extraordinaria situación debía situarse ao carón de toda a poboación, pero en especial daquelas persoas que traballan día a día non só para proporcionar servizos á cidadanía, senón tamén para xerar e manter postos de traballo na vila.

Por iso, unha vez máis o Concello aposta por utilizar os recursos municipais para contribuír na medida das súas posibilidades na recuperación e reactivación económica dos negocios locais, e está estudando sacar unha nova liña de axudas para atender peticións que non puideron ser atendidas nesta segunda convocatoria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí