Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Agrupación Musical de Goián, en concerto este domingo acompañada dos Chavellos de Mos

O concerto de verán da Agrupación Musical de Goián será o domingo, ás 21.00 horas, na praza do Seixo, e contará con artistas convidados moi especiais

O concerto de verán da Agrupación Musical de Goián será o domingo, ás 21.00 horas, na praza do Seixo, e contará con artistas convidados moi especiais

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Agosto de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

O agardado concerto de verán da Agrupación Musical de Goián será este domingo, 20 de agosto, ás 21.00 horas na Praza do Seixo. Como ven sendo habitual nos últimos anos, o concerto contará coa presenza de artistas convidados. Este ano, serán os Chavellos de Mos quen compartirán escenario coa agrupación goianesa.

Os Chavellos son unha grupo de música tradicional de Mos que reúne a grandes músicos procedentes de diferentes estilos, dirixidos polo compositor e arranxista de renome internacional Juan Eiras. Estarán presentando algunhas cancións do disco que lanzaron a comezos deste ano, baixo o título “Segunda-Feira”.

Ademais dos Chavellos, haberá máis artistas convidados neste concerto. Serán Vitor Soto, un dos zanfonistas galegos máis representativos, e  Tonhito de Poi, ben coñecido por ser integrante de Herdeiros da Crus. Ademais, o concerto contará coa colaboración especial da Treboada do Baixo Miño.

O concerto de verán da Agrupación Musical de Goián é unha das citas musicais máis agardadas do ano en Tomiño, que cada ano enche a praza do Seixo ofrecendo un magnífico programa e acompañados polos mellores artistas e agrupacións do panorama musical galego. A entrada é de balde e está aberto a todos os públicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí