Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA SANTA ICÍA ESTE SÁBADO CUN CONCERTO NO AUDITORIO MUNICIPAL

Sábado 5 de Decembro de 2015 ás 20:30h no Auditorio Municipal do Rosal

Sábado 5 de Decembro de 2015 ás 20:30h no Auditorio Municipal do Rosal

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Diciembre de 2015

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Para a Agrupación Musical do Rosal é un pracer convidarvos ao concerto que a Banda ofrecerá o vindeiro sábado 5 de Decembro, ás 20,30 h. con motivo da festividade da patroa dos músicos, Santa Icía.

Aparte de ser unha data sinalada dentro da programación que cada ano ofrece a Agrupación, é un día especialmente emocionante, xa que será a presentación de sete novos integrantes, rapaces e rapazas formados na Escola de Música da Agrupación, que farán o seu primeiro concerto e pasarán a formar parte da nosa plantilla de agora en diante. Entre todos intentaremos que sexa un día inesquecible para eles. Tamén será a presentación do noso novo director, José Javier Bascoy, que dende setembro deste ano 2015 está traballando coa Agrupación.

Por outra banda, non hai que esquecer o interese musical e formativo que o concerto terá, como sempre, para os alumnos/as da Escola ou de fóra dela. Este ano, ofreceremos un repertorio baseado en sonoridades dos pobos celtas (Irlanda, Escocia, ...), que seguro será do gusto do noso apreciado público. Estará composto das seguintes pezas:

Encuentros, pasodobre de J. R. Pascual-Vilaplana
Hymn of de Highlands, suite de Philip Sparke
Riverdance, de Bill Whelan
Celtic Child de Bert Appermont

Antes do concerto, a Coral da Agrupación participará na Misa Cantada en honra a Santa Icía, que se celebrará ás 18,30 h. na Igrexa Parroquial de Santa Mariña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí