Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Agrupación Musical do Rosal celebra Sta. Icía cun concerto este sábado

Sábado 9 de decembro ás 20:30 no Auditorio Municipal do Rosal

Sábado 9 de decembro ás 20:30 no Auditorio Municipal do Rosal

Fecha: 09 de Diciembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Auditorio Municipal do Rosal acolle o vindeiro sábado día 9 de decembro un Concerto da Agrupación Musical do Rosal con motivo de Sta. Icía e en Homenaxe á Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, baixo a dirección de José Javier Bascoy Iglesias.

Previamente, ás 18:30h celebraráse unha misa na Igrexa de Sta. Mariña do Rosal na honra de Sta. Icía, patroa dos músicos, que estará cantada pola Coral  da Agrupación Musical do Rosal.

A Agrupación Musical do Rosal celebra este sábado a súa tradicional "Santa Icía" e renderá homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal

O concerto de Santa Icía é unha das datas máis esperadas dentro da axenda anual da nosa Agrupación. É unha cita esperada polo noso público, para o que tratamos de preparar cada ano un gran concerto con moito esmero e cariño; pero sobre todo polos músicos que integramos esta formación, xa que é a festividade da patroa da nosa bonita profesión. E de entre todos os que nos subimos ao escenario, é un día especialmente emotivo para os rapaces e rapazas que fan o seu debut con esta banda de música que este ano ven de cumprir o seu 31º aniversario.

Neste concerto renderase homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, recoñecendo así a gran labor que realizan nos nosos montes, así como tamén a colaboración que ven prestando dende fai moitos anos ás diferentes entidades culturais e deportivas do noso concello, entre as cales se atopa a nosa.

Os actos terán lugar este sábado día 9 de decembro e comezarán cunha misa ás 18:30 na honra a Santa Icía, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A continuación terá lugar o acto central da celebración, o concerto da banda baixo a batuta de José Javier Bascoy, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal, no que farán a súa presentación os novos integrantes. O programa que este ano ofrecerá a banda ven cargado de melodías que a todos van "enganchar". Combinarán, coma na maioría das ocasións, as obras orixinais para a nosa formación, con transcricións de grandes obras sinfónicas ou líricas, buscando sempre un concerto cheo de moi boa música.

O concerto abrirase co pasodobre "Las Arenas", do compositor Manuel Morales, un dos especialistas no xénero actualmente. A continuación terá lugar a presentación e benvida ás filas da banda dos novos compoñentes. A promoción deste ano é especialmente numerosa: nesta Santa Icía, farán o seu debut unha decena de rapaces e rapazas, músicos nacidos das aulas da nosa escola de música.

Logo, faremos un viaxe musical de Londres a Venecia con "Orient Express", obra do clásico compositor para banda Philip Sparke, de orixe británico. Seguindo, disfrutaremos dun interesante arranxo dun dos musicais de máis éxito do Broadway dos anos 90´s, con "Miss Saigon", de Claude M. Schoenberg (autor tamén doutras obras tan famosas como Os Miserables). Como punto final, escoitaremos "Con tu manta", obra do compositor canario J. M. Encinoso, que cos seus ritmos latinos de seguro que fará as delicias do noso público.
Esta velada festiva terminará cunha cea?baile na que participarán músicos, socios e familiares da Agrupación Musical. 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones