Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Agrupación Musical porá banda sonora a maio, mes das Letras Galegas no Rosal

Do 1 ao 17 de maio publicaranse nas redes sociais do Concello vídeos con pequenas actuacións musicais protagonizadas polo alumnado

Do 1 ao 17 de maio publicaranse nas redes sociais do Concello vídeos con pequenas actuacións musicais protagonizadas polo alumnado

Fecha: 01 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Este ano O Rosal celebrará o Día das Letras Galegas dun xeito diferente, máis virtual que nunca e coa colaboración da Agrupación Musical do Rosal. Unha forma coa que a agrupación quere seguir homenaxeando o galego, xa que por mor da actual crise sanitaria non poderá realizar a súa tradicional xornada de convivencia do 17 de maio, unha xornada que se viña organizando dende 2006 e na que preparaban diferentes actividades musicais, culturais, gastronómicas... para todos os gustos e todas as idades coas que destacar a importancia da lingua galega e achegar o idioma a toda a veciñanza. Adaptándose á situación actual que se está a vivir, este ano Concello e Agrupación traballarán xuntos para render homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través das redes sociais.

Dende este mesmo venres 1 de maio ata o vindeiro Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o Concello publicará nas súas páxinas de Facebook e Twitter vídeos interpretados por distintos membros da Agrupación Musical do Rosal. Diferentes instrumentos e melodías cos que entreter a todos os rosaleiros e rosaleiras, dende pequenas pezas clásicas a bandas sonoras ou cancións coñecidas como Frozen, a ‘Marcha do emperador' de J.Clarke, ‘Imagine' de John Lennon, ‘Eternal flames' de The Bangles ou ‘Angels' de Robbie Williams, entre outras.

Desde o Concello do Rosal queremos agradecer a disposición e a colaboración da Agrupación Musical, formando parte de iniciativas como esta, que non só fan máis levadíos os días de confinamento polo estado de alarma, senón que permite seguir celebrando dun xeito diferentes datas tan importantes como o Día das Letras Galegas.

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Este 2020 o Día das Letras Galegas dedícase ao filólogo, escritor e mestre Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu pasamento. Ferrolán de nacemento, estudou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, onde se adentrou tanto no galeguismo como nos movementos culturais da época. Membro da Real Academia Galega desde 1958, Carvalho Calero foi impulsor da Gramática galega e en 1963 publica a ‘Historia da literatura galega contemporánea', un labor que outros escritores intentaran antes de xeito importante pero sen éxito.

Primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, o escritor dedicou os seus estudos á lingua galega, centrándose na coherencia histórico-lingüística do idioma. Carvalho Calero conta cunha extensísima obra literaria, tanto no campo da novela, como da poesía, do teatro ou do ensaio.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones