Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A alcaldesa de Oia lamenta ter que celebrar un pleno sobre o deslinde cuns puntos que xa foron aprobados en anteriores sesións

Correa insiste en que os puntos da orde do día da sesión solicitada polo PSOE xa foron aprobados en anteriores plenos.

Correa insiste en que os puntos da orde do día da sesión solicitada polo PSOE xa foron aprobados en anteriores plenos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Diciembre de 2023

Fuente: Concello de Oia

Ante a solicitude do grupo municipal socialista dun pleno extraordinario para abordar a cuestión do deslinde entre os termos municipais de Oia e Baiona, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, lamenta “verse na obriga” de ter convocar unha sesión na que se van abordar “os mesmos puntos” xa aprobados noutras celebradas anteriormente.

 

Segundo a Lei de Bases de Réxime Local, ante a solicitude de pleno extraordinario por parte de polo menos a cuarta aparte dos membros da Corporación, é obrigatorio convocar a sesión. No caso da petición  realizada polos socialistas, o pleno quedou marcado para o venres ás 9.30 horas.

 

Correa insiste en que os puntos da orde do día da sesión solicitada polo PSOE xa foron aprobados en anteriores plenos. Así, a creación da comisión encargada de traballar no deslinde xa foi aprobada no pleno do 20 de decembro de 2018 e  na sesión plenaria do 28 de febreiro de 2019 aprobouse a composición da antedita comisión, formada por representantes dos tres grupos políticos municipais. Ademais, no mesmo pleno designouse a dous veciños que pola súa avanzada idade e acreditado xuízo puideran xustificar o sitio no que estiveron as mouteiras ou sinais divisorios, así como un perito encargado de asistir ao Concello nos labores técnicos. Posteriormente, o 10 de outubro de 2019 celebrouse un novo pleno para actualizar a composición de membros da comisión.

 

Despois da pandemia de COVID, o Concello buscou un profesional con experiencia para determinar a situación xeográfica dos puntos recollidos no principal documento que se toma como referencia neste ámbito: a acta de amolloamento de 1890. No presente ano 2023, o técnico externo entregou o seu informe, unha extensa memoria con numerosos anexos documentais que, en total, abarca unha extensión de máis de 1.000 páxinas.

 

Esta documentación era un paso indispensable e fundamental para seguir avanzando co procedemento de deslinde, o cal continuará nos vindeiros meses.

 

Tendo en conta todas as accións que o Concello de Oia ten ido adoptando nesta cuestión do deslinde, o feito de solicitar agora un pleno pedindo a creación da comisión non achega nada novo ao proceso, pois, como xa se ten indicado, se trata dunha comisión que xa existe. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí