Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A alcaldesa de Tomiño visita Eslovenia para coñecer a cooperación transfronteiriza da cidade de Nova Gorica

Acompañada polo presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, comparte experiencias con responsables doutros 11 países europeos

Acompañada polo presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, comparte experiencias con responsables doutros 11 países europeos

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asistiu os días 22 e 23 de maio na cidade eslovena de Nova Gorica, a un novo encontro internacional no marco do Proxecto BRIDGE, no que participaron tamén outros 11 socios europeos, coa finalidade de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.

Os delegados, entre os que tamén se atopaba o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira (Rui Teixeira),  foron recibidos polo Alcalde de Gorica, para despois ser informados dos principais proxectos transfronteirizos que comparten coa cidade italiana de Gorizia, entre os que destacan unha ponte para peóns e bicicletas, como a proxectada na Eurocidade Cerveira-Tomiño, e outras iniciativas de mobilidade alternativa.

Ambas cidades, cunha historia moi marcada polas consecuencias das dúas guerras mundiais, están tamén a organizar as actividades da Capital Cultural 2025, para o que foron escollidas baixo o lema: "Go Borderless" https://youtu.be/BBX9eSbHNJ0

Para a alcaldesa, a visita é "unha excelente oportunidade para aprender dunha das experiencias europeas máis recoñecidas en cooperación transfronteiriza".

O Proxecto BRIDGE, coordinado pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para cidadáns da Unión Europea, integra 11 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países, co fin de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Así, no proxecto participan, ademais de Tomiño e Cerveira, entidades de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania e Letonia.

O BRIDGE prevé novos encontros en Bulgaria/Serbia e Lituania/Letonia nos que se abordarán temas relacionados coa financiación de programas e oportunidades para promover a cooperación transfronteiriza e europea; e iniciativas de cooperación transfronteiriza nas áreas social e ambiental.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí