Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández despide o ano reuníndose coa xente nova do concello

Na reunión, que foi por videoconferencia, participaron máis de 25 mozas e mozos rosaleiros

Na reunión, que foi por videoconferencia, participaron máis de 25 mozas e mozos rosaleiros

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Enero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O ano 2020 estivo marcado pola pandemia, o que afectou a case todos os niveis da sociedade. Tamén impediu que o equipo do goberno do Rosal puidera organizar, tal e como tiña previsto, o percorrido de reunións de participación polas parroquias do concello para conversar ca veciñanza e recoller de primeira man as súas inquedanzas e demandas. Aínda que estas reunións retomaranse en canto a situación sanitaria o permita, considerouse importante promover unha reunión telemática cun grupo representativo das persoas novas do Rosal, como grupo de idade protagonista do noso presente e futuro. Así, no día de onte a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse con máis de 25 persoas novas de diferentes parroquias do concello por videoconferencia.

Ao longo da reunión a mocidade rosaleira conversou ca rexedora sobre diversos temas e proxectos de futuro. Os mozos e mozas participantes achegaron as súas ideas e propuxeron á súa vez iniciativas ou suxestións. “A verdade é que foi unha experiencia moi boa. Xurdiron algunhas ideas e propostas nun ambiente moi agradable” valoraba a alcaldesa tras a reunión. Así mesmo, destacaba que “este formato pode ser reproducible de cara ao futuro incluso a outros ámbitos concretos mentres a pandemia impida facelo de xeito presencial”.

Con esta reunión o Concello do Rosal pecha un ano cheo de novidades, iniciativas e proxectos, que non paran e que continúan coa chegada do novo ano no que, tal e como declaraba a alcaldesa “esperamos e desexamos que volvan tempos máis doados, cheos de apertas e onde a distancia deixe de novo paso á proximidade das persoas.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí