Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei solicita a educación a cobertura total das prazas

Polo tanto, dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei trasladamos o noso descontento con esta situación, e agardamos unha inmediata resposta e solución por partes da Xefatura Territorial.

Polo tanto, dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei trasladamos o noso descontento con esta situación, e agardamos unha inmediata resposta e solución por partes da Xefatura Territorial.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Septiembre de 2020

Fuente: Asociación de Nais e Pais de A

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei queremos facer pública o malestar da nosa comunidade educativa e moi especialmente do alumnado de 1º de primaria xa que a data de hoxe non teñen asignado un tutor/a pola Xunta.


Solicitada información á Dirección do Centro do motivo polo que non está cuberta esa praza, esto é o que se nos comunica:


• No mes de xullo púxeron en coñecemento da Inspección que unha praza que corresponde por catálogo ao noso centro, a de Lingua Estranxeira (francés), non se cubriu no concurso xeral de traslados, nin na resolución provisional, nin na definitiva, por un erro administrativo.


• Volveron solicitar en diversas ocasións esa praza á Xefatura Territorial, insistindo que non é unha baixa nin unha substitución, senón que é unha praza que tiña que ter sido cuberta no CADP.


• Inspección coméntalle ao Equipo Directivo do centro que o máis probable é que se cubra como unha praza de Educación Primaria sen esa especialidade, cuestión que lle parece razonable á dirección do centro e non puxo ningunha obxección.


• A día de hoxe, mércores 16 de setembro de 2020, e despois dunha semana do comezo de curso esa praza segue sen adxudicarse e sen aparecer como vacante nas listas de substitución.


• O Equipo Directivo nos informa que a Inspectora de zona comunicoulle a semana pasada, que a praza estaría cuberta en 2-3 díaspero hoxe seguimos sen que se cubra.


Esta situación está creando un malestar xeral na nosa comunidade educativa, e con mais motivo pola actual situación na que nos atopamos pola COVID19 e os protocolos a cumplir.


Temos que ter en conta ademáis a peculiaridade de que o noso CEIP está dividido en dous edificios: Infantil e Primaria, algo distanciados, o que supón que algúns dos mestres teñan que desprazarse dun edificio ao outro o que dificulta poder facer as susbtitucións.


Algunhas das familias de 1º de Primaria xa decidiron non levar aos nenos/as a clase mentres non teñan tutor/a e o resto está valorando facer o mesmo ata que se cubra a praza.


Entendemos ademáis que o Equipo Directivo non pode garantir que se cumpra o protocolo COVID. Nen na propia aula de 1º de primaria, que ten que ser atendida cada hora por un mestre distinto, incumplíndose o protocolo de acollida.


Polo tanto, dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei trasladamos o noso descontento con esta situación, e agardamos unha inmediata resposta e solución por partes da Xefatura Territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí