Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A App móbil de Tomiño acada as primeiras 500 incidencias resoltas

Problemas de alumeado público, residuos, baleirado de fosas sépticas e fochancas, son os máis comúns entre a veciñanza

Problemas de alumeado público, residuos, baleirado de fosas sépticas e fochancas, son os máis comúns entre a veciñanza

Fecha: 17 de Junio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A App móbil Línea Verde do Concello de Tomiño, un servizo de comunicación directo ca cidadanía, vén de acadar as primeiras 500 incidencias resoltas (66%), dun total de 757 presentadas nos tres meses que leva funcionando.

Entre as principais incidencias comunicadas pola veciñanza e resoltas pola Administración Local, figuran en primeiro lugar, polo seu volume, as referidas á iluminación pública (136 casos), seguidas polas de lixo (84) e baleirado de fosas sépticas (81); fochancas (72), vía pública (31), sinalización viaria e outros (30) e escolas (16), entre outras.


O tempo de resolución das incidencias varía dependendo do tipo de problema e dos recursos dispoñibles, sendo de 4 días no caso de baleirado de fosas sépticas, de 7 no caso de peticións relacionadas co alumeado ou de 15 na limpeza de xardíns e zonas verdes.


Alexandre Pérez Souto, concelleiro de Obras, valora que tras tres meses de funcionamento, os resultados son bos e salienta a importancia de poder coñecer mellor as necesidades da veciñanza, e poder actuar de maneira máis eficiente, dando solución con maior rapidez ás cuestións comunicadas.


"O persoal xa está adaptado ao novo modelo de traballo. Cada equipo recibe as tarefas a realizar, na súa tablet, e comunícao a través da mesma, cando está resolta. Esta información chégalle, tanto á veciña ou veciño que comunicou a incidencia, como ao concelleiro ou concelleira correspondente, e ademais, podemos obter estadísticas en tempo real dos traballos a realizar", explica.


O edil considera esta plataforma moi útil nun municipio tan extenso e disperso como o de Tomiño, xa que axuda a sistematizar e facer máis eficiente a resolución de pequenos traballos, ademáis de mellorar a comunicación entre a cidadanía e o Co concello.


Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga gratuíta da APP "Linea Verde" dende Google Play ou APP Store. A partir de aí, seleccionar o municipio de Tomiño, e comunicar o problema, pinchando sobre o botón nova incidencia, escoller a tipoloxía e achegar unha foto e unha explicación sinxela sobre a mesma. A persoa recibirá unha notificación no seu teléfono móbil, comentando o progreso de cada caso.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí