Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A App móbil de Tomiño recibe unha media de 200 incidencias ao mes

Problemas de iluminación pública, residuos, baleirado de fosas sépticas e fochancas, son os máis comúns entre a veciñanza

O Concello anima á cidadanía a descargar a aplicación e enviar as súas demandas ou preguntas a través dela, xa que a resolución das mesmas é moito máis rápida, eficaz e sinxela

Fecha: 12 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A App móbil Liña Verde do Concello de Tomiño, un servizo de comunicación directo ca cidadanía, que leva funcionando uns cinco meses, recibe unha media de 200 incidencias ao mes, das que se resolven dúas de cada tres (68,7%) en poucos días.
No caso do alumeado público (tema principal das demandas) o 97% das incidencias resólvense nas primeiras 48 horas.

Dende a posta en marcha da iniciativa virtual, súmanse máis de 1.000 pedidos veciñais; as referidas á iluminación pública ocupan, polo seu volume, o promeiro posto entre as incidencias denunciadas, seguidas polas de lixo, fochancas e baleirado de fosas sépticas. Tamén son importantes as referidas á vía pública, escolas e loxística; recollida de voluminosos e sinalización viaria, entre outras.

O tempo de resolución das incidencias varía dependendo do tipo de problema e dos recursos dispoñibles, sendo de 3 ou 4 días no caso de baleirado de fosas sépticas, e dunha semana ou 15 días (máximo) na limpeza de xardíns e zonas verdes.

Alexandre Pérez Souto, concelleiro de Obras, valora que tras cinco meses de funcionamento, os resultados son bos e salienta a importancia de poder coñecer mellor as necesidades da veciñanza, e poder actuar de maneira máis eficiente, dando solución con maior rapidez ás cuestións comunicadas.

"O persoal xa está adaptado ao novo modelo de traballo. Cada equipo recibe as tarefas a realizar, na súa tablet, e comunícao a través da mesma, cando está resolta. Esta información chégalle, tanto á veciña ou veciño que comunicou a incidencia, como ao concelleiro ou concelleira da área, e ademais, pódense obter estadísticas en tempo real dos traballos a realizar", explica.

Para poder utilizar este novo servizo só é necesario proceder á descarga gratuíta da APP "Linea Verde" dende Google Play ou APP Store. A continuación, seleccionar o municipio de Tomiño, e comunicar o problema, pinchando sobre o botón "nova incidencia", escoller a tipoloxía de incidencia e achegar unha foto e unha explicación sinxela sobre a mesma. A persoa recibirá unha notificación no seu teléfono móbil, comentando o progreso do caso.

O Concello anima á cidadanía a descargar a aplicación e enviar as súas demandas ou preguntas a través dela, xa que a resolución das mesmas é moito máis rápida, eficaz e sinxela.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones