Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Área Sanitaria de Vigo e o Concello de Oia traballan na mellora da atención sanitaria

O xerente da Área e a alcaldesa da localidade mantiveron hoxe unha xuntanza para buscar fórmulas conxuntas que permitan mellorar a situación, motivada pola carencia de médicos para realizar substitucións

O xerente da Área e a alcaldesa da localidade mantiveron hoxe unha xuntanza para buscar fórmulas conxuntas que permitan mellorar a situación, motivada pola carencia de médicos para realizar substitucións

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Oia

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e a alcaldesa do Concello de Oia,  Cristina Correa, mantiveron hoxe unha xuntanza para buscar fórmulas de mellora da atención prestada nestes momentos á poboación dese concello. Trátase dunha situación puntual e conxuntural, motivada pola carencia absoluta de médicos na listas de contratación para realizar substitucións nesta época estival.

A día de hoxe, os 2 médicos de familia do centro de saúde de Oia están en situación de baixa laboral  e  ante a imposibilidade de dispor de substitutos, a dirección sanitaria conseguiu dar cobertura a esas ausencias a maior parte da xornada, grazas á colaboración de facultativos doutros concellos, que aceptaron realizar prolongacións da súa xornada laboral en Oia.

Sen embargo, estas coberturas ten xerado algúns desaxustes das axendas de citación, polo que o xerente e a alcaldesa acordaron reforzar os circuítos administrativos para mellorar a xestión desa demanda e a comunicación coa poboación .

 

4 persoas positivas no cribado

No transcurso da xuntanza ambos dirixentes tamén trataron o tema do cribado realizado o pasado luns día 5 en Oia, ata onde desprazouse un equipo de profesionais sanitarios para realizar a proba PCR a 418 veciños convocados, a maioría nun rango de idade entre 18-40 anos. A participación acadada foi dun 55,9%; isto é,participaron 236 persoas nas que se diagnosticaron 4 casos positivos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí