Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asemblea da Comunidad de Montes de Viladesuso rexeita a construción dos Parques Eólicos que afectan o seu monte e a Serra da Groba

Ante a ameaza que supón o proxecto do parque eólico Torroña I, que afectaría directamente aos montes das parroquias de Burgueira e Viladesuso, tratouse o asunto para informar a veciñanza e tomar decisións ao respecto.

Ante a ameaza que supón o proxecto do parque eólico Torroña I, que afectaría directamente aos montes das parroquias de Burgueira e Viladesuso, tratouse o asunto para informar a veciñanza e tomar decisións ao respecto.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Febrero de 2022

Fuente: CMVMC Viladesuso

O pasado día 12 de febreiro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria das comuneiras e comuneiros do monte veciñal en man común de Viladesuso. Ante a ameaza que supón o proxecto do parque eólico Torroña I, que afectaría directamente aos montes das parroquias de Burgueira e Viladesuso, tratouse o asunto  para informar a veciñanza e tomar decisións ao respecto.

En primeiro lugar cabe destacar que o 18 de decembro de 2020 publicouse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente o documento  inicial do parque eólico Torroña I. Desde ese intre, a comunidade de montes informou a veciñanza da existencia deste proxecto (xa que nin a empresa nin a Xunta o fixeron) e das posibles consecuencias e conflitos que poden ocasionar, tanto para a parroquia de Viladesuso como para todo o seu entorno.

Esta infraestrutura integraría catro aeroxeneradores de 230 metros cada un na súa cota máis alta, situados a menos de 800 metros das vivendas do barrio de Os Preáns e do Sobral, e a menos de 2.000 metros do Camiño de Santiago pola costa. En canto o lindeiro proposto como poligonal do parque, afectaría a máis da metade da parroquia, que pasaría a formar parte do propio polígono.

As afeccións e consecuencias máis relevantes que implicaría a posta en marcha deste proxecto, que non as únicas, serían:

Sobre os acuíferos e mananciais dos que se abastecen as persoas e negocios da zona. Tanto as obras de construción das plataformas e liñas de evacuación coma a posterior posta en funcionamento dos aeroxeneradores poñen en risco un recurso básico para a vida, que é a auga. Todos os veciños ven con fonda preocupación esta ameaza de cara ó abastecemento sostible da traída veciñal. Esta comunidade de usuarios de augas esta formada por máis de 220 enganches de vivendas e negocios, entre os que se inclúen dous hoteis, dous restaurantes, unha cafetería, dúas tendas/bar, dous albergues de peregrinos e unha gasolineira.

Nun contexto de cambio climático, de secas cada vez máis prolongadas e choivas máis escasas, este tipo de proxectos alteran e poñen en risco os acuíferos e seu entorno, provocando impactos por exemplo nos cabalos salvaxes, os “garranos” que pacen pola nosa serra e teñen nestes regatos e charcas un recurso fundamental nas épocas máis secas do ano, e sabendo que é un patrimonio vivo que corre grave risco de desaparición pola falta de conservación e destrución  dos hábitats como xa demostraron investigadores da Universidade da Coruña en estudos recentes ante a Comisión Europea, sería irresponsable contribuír a súa desaparición.

Paixasísticamente, o impacto visual que supón unha fileira de aeroxeradores de 230 m polo cumio dun monte da costa, ao pé do cal transcorre o Camiño de Santiago é inaceptable e a calidade de vida da que agora a veciñanza desfruta, veríase afectada de maneira irreversible polo continuo zumbido das pás e o ruído dos engranaxes da maquinaria, que co paso dos anos será maior.

 

 

                O impacto sobre o rico patrimonio que atesoura o noso monte: mámoas, castro, petróglifos e que é sistematicamente infravalorado e incluso ignorado  nos proxectos coñecidos.

                A exposición ao público dos parques eólicos Albariño I e Merendón na Serra da Groba, e outros moitos ao longo do país, están provocando unha forte oposición a instalación de novos proxectos por moitos motivos, entre eles, a escasa transparencia e información, as prácticas fraudulentas e intimidatorias por parte das empresas eólicas, as sentenzas xudiciais desfavorables contra diferentes parques, a falta de garantías e a perda de dereitos das comunidades locais, a falta de avaliación ambiental, patrimonial e socioeconómica.

                Incluso as críticas de entidades como o Observatorio Eólico de Galicia ou Consello da Cultura Galega poñendo en evidencia o Plan Eólico de Galicia, mostran que algo non se esta facendo ben.

                Por todo o exposto e  ante esta realidade a Asemblea da Comunidade de Montes de Viladesuso acordou  de forma unánime.:

  1. Rexeitar a construción do parque eólico Torroña I no seu monte e de calquera outro proxectado na Serra da Groba.
  2. Apostar por un desenrolo das enerxías renovables baseado nu modelo participativo e xusto dende o punto de vista social, económico e ambiental, rexeitando o modelo actual que só busca o beneficio das grandes empresas a costa do expolio e a degradación dos nosos montes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí