Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A asemblea de traballadores/as de IKF aposta por continuar coa folga até lograr un acordo que recolla as súas demandas

O comité de empresa denuncia a pasividade da Xunta diante da chantaxe e das presións por parte da transnacional francesa

O comité de empresa denuncia a pasividade da Xunta diante da chantaxe e das presións por parte da transnacional francesa

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2021

Fuente: CIG

A asemblea de traballadores/as de IKF decidiu onte continuar coa folga indefinida até lograr un
acordo que recolla as súas demandas, que pasan por manter os dereitos laborais adquiridos tras
décadas de negociación colectiva. Dende o comité de empresa, presidido pola CIG, denuncian a
pasividade da Xunta diante da chantaxe e as presións da transnacional, que insiste en impoñer a
prolongación da dobre escala salarial que suporía diferencias de 5200 euros anuais entre persoal que
desenvolve as mesmas funcións.


Os empregados/as de IKF, que levan máis de 60 días de paros, apostan deste xeito por manter a súa
loita para forzar a dirección a dar marcha atrás na súa intención de precarizar as condicións laborais.
“Queren cargarse o pacto de empresa que custou 40 anos conseguir; para nós é fundamental a
supervivencia da compañía, pero non a calquera precio; por iso a Xunta ten que volcarse na defensa
do emprego, pero teñen que ser postos de traballo dignos, non en condicións de pobreza e miseria”.


Así de contundentes se amosan dende a representación do cadro de persoal e dende a CIGConstrución
a medida que pasan os días e o conflito de IKF ameaza con cronificarse como
consecuencia da desidia da Administración autonómica. “É incríbel que dende que os
traballadores/as foron ao Parlamento hai 15 días a conselleira da Traballo aínda non atopase un oco
na súa axenda para manter unha xuntanza nin con eles/as nin coa empresa, unha das máis
importantes do Baixo Miño, unha zona cun grave problema de desindustrializaición”, lamentan.


Por iso inciden en que a pesar da inacción do Goberno galego, que ten plenas competencias en
materia indistrial, non van permitir “que unha transnacional coma esta, que factura máis de 3000
millóns de euros ao ano, veña a rematar cunha das poucas grandes empresas da comarca que
contaba con certos dereitos laborais”. E censuran que para conseguilo a dirección estea botando
man dunha campaña de “acoso e derribo” baseada na “chantaxe e nas presións”.


Lembran que o principal atranco da negociación segue a ser a intención da empresa de prolongar até
11 anos a dobre escala salarial que establece diferencias de 5200 anuais para as mesmas categorías
laborais. A pesar de que polo de agora esta medida só afecta a tres empregados/as a práctica
totalidade do cadro de persoal de produción está a secundar a folga e as mobilizacións en
solidariedade cos compañeiros/as e en defensa das súas condicións de traballo.


Neste senso, teñen moi claro que a intención última da empresa é ir desfacéndose dos operarios/as
que lles saen “máis caros/as” para ir contratando persoal con soldos máis baixos. “Pero os
afectados/as están dispostos/as a chegar a onde faga falta para evitalo”. Finalmente, lamentan tamén
o papel que están a xogar os medios de comunicación públicos, “que seguen a ocultar o conflito a
pesar de tratarse dunha das principais empresas da bisbarra”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí