Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asociación Cultural Betún organiza un concerto de Victor Coyote este sábado en Tui

A sctividade musical terá lugar na Praza de Frómista o vindeiro sábado 17 de setembro a partires das 20:30 horas

A sctividade musical terá lugar na Praza de Frómista o vindeiro sábado 17 de setembro a partires das 20:30 horas

Fecha: 17 de Septiembre de 2016

Fuente: Asoc. Cultural Betún

A Asociación Cultural Betún, fundada co propósito de programar actividades culturais e potenciar e revitalizar a Zona Monumental, en colaboración co Concello de Tui a través da súa Concellería de Cultura, quere convidar ás veciñas e veciños á actividade musical que terá lugar na Praza de Frómista o vindeiro sábado 17 de setembro a partires das 20:30 horas. A entrada é de balde.

Dita actividade consistirá nun concerto a cargo do artista tudense Víctor Coyote ás 22:00 horas. Haberá ambientación musical antes e despois do concerto, a cargo de FUNKENTE.

Haberá tamén servizo de bebidas e comidas a prezos populares.

A comida correrá a cargo de VAI DE GARCÍA que, entre outras sorpresas, servirá:
- Empanada de pisto e algas
- Empanada de cocido pobre
- Humus sobre torta de muiñeira
- Pequeño bocata de xamón asado
- Bolos doces de moras ou canela
- E máis exquisiteces
 
Así mesmo informamos ás veciñas e veciños que, para un mellor desenrolo do evento, e coa colaboración da Policía Local, non estará permitido o estacionamento de vehículos na Praza de Frómista a partires das 15:00 horas de dito día.

Lamentando as molestias que se poidan ocasionar, agardamos que veñan a coñecernos e disfrutar do evento todos xuntos.
 
Este sábado á Asociación Cultural Betún coa colaboración da concellería de cultura de Tui e Estrella Galicia tomamos a praza de Frómista para enchela de boa música da man do increíble Víctor Coyote que desta ocasión virá acompañado de Ricardo Moreno, batería de bandas míticas como Los Ronaldos, Mastretta, Josele Santiago ou Fangoria.
O evento contará con comida, bebida e sesión musical antes e despois do concerto para disfrute dos asistentes.
A traxectoria musical de Victor Coyote é longa. Comezou nos anos 80, no momento en que estallaba a "Movida madrileña". Los Coyotes, o grupo do inquedo Víctor, declararon inaugurada a escena punkabilly da época, para, tres anos despois, destrozar esa reputación a base de ritmos latinos e teorías panamericanistas. Nesa étapa da súa carreira, adiantou un ideario musical que despois farían triunfar outros artistas, aderezado de "horterismo con clase" nuns casos ou de "compromiso político-turístico" noutros. Desta época son os seus éxitos menores "Cien guitarras" ou "Esta Noche me Voy a bailar".
Os Coyotes disólvense no ano 1991 e Victor comenzou unha carreira en solitario caracterizada polo que xa tiña defendido no grupo: a incoherencia musical máis coherente. Isto é, intentar non aburrir ao público, intentar ao mesmo tempo que éste o siga nos seus movementos e intereses musicais e, sobre todo, practicar a fe na música popular antiga e moderna.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones