Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación San Telmo aposta pola recuperación de tradicións vinculadas á música galega

Máis de 150 persoas de oito grupos folclórico participarán o domingo no Día da Muiñeira. Dez agrupacións competirán no II Concurso de Gaita e Tamboril o sábado.

Máis de 150 persoas de oito grupos folclórico participarán o domingo no Día da Muiñeira. Dez agrupacións competirán no II Concurso de Gaita e Tamboril o sábado.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

A música tradicional terá presenza destacada esta fin de semana en Tui coa celebración do II Concurso de Gaita e Tamboril e do III Día da Muiñeira organizados pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

A concelleira de Cultura, María José González, xunto á presidenta da Asociación San Telmo, Concepción Sales e o mestre Antón Corral, presentaron esta mañá na casa do concello estes eventos.

Este sábado, 18 de xuño, ás 20.30h, comezará na Praza de San Fernando o II Concurso de Gaita e Tamboril no que participarán dez agrupacións de gaita e tamboril de Tui, Vigo, Foz, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, e Lugo. O xurado composto polo mestre artesán e músico Antón Corral, o mestre e gaiteiro Anxo Lorenzo e o mestre e gaiteiro Andrés Vilán outorgará os tres premios establecidos dotados con 400€, 300€ e 200€, xunto a a un punteiro de madeira de granadillo en Do anelado en prata, un pandeiro, e un farrapo para ronco de gaita en linen con borlas, para os primeiros, segundos e terceiros clasificados, respectivamente doados polos obradoiro Antón Corral, Silva Percusión e Bául de Isaura. Amais renderán unha homenaxe ao gaiteiro de Pexegueiro de 85 anos Joaquín González Martínez.

O domingo, 19 de xuño, a partir das 20.30h celebrarase o Día da Muiñeira cos pasarrúas dende distintos puntos da cidade polos oito grupos participantes que se reunirán no Paseo da Corredoira. Alí os grupos Do Lusco ó Fusco da Guarda, Xunto de Paderrubias, Santa Eulalia de Mos, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santa Columba de Ribadelouro, San Fins de Rebordáns, Saragana da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, e Refaixos e Polainas de Baldráns, interpretarán de xeito conxunto catro pezas: a muiñera de Fonsagrada, a xota do Torreiro, a muiñeira do Castelo e a xota de Forcarei. Serán máis de 150 persoas bailando neste céntrico paseo tudense.

A concelleira de Cultura, María José González, felicitou á Asociación San Telmo pola súa labor de recuperación das tradicións que forman parte da nosa vida. O mestre e xurado Antón Corral destacou que o Concurso de Gaita e Tamboril é unha oportunidade para que os participantes amosen as súas cualidades, e cualificou de impresionante a actividade cultural e de grupos folclóricos que hai nas parroquias tudenses. Por último Concepción Sale, presidenta da Asociación San Telmo, explicou que apostan por recuperar dous eventos con tradición en Tui, e barallan outros no futuro. Así segundo sinalou o Concurso de Gaita e Tamboril deixou de celebrarse nos anos 50 e o Día da Muiñeira celebrara a súa última edición en 1993.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí