Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación Vontade lanza unha campaña de concienciación polo 3 de decembro, Día Da Discapacidade

No día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade.

No día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Diciembre de 2023

Fuente: Vontade

A campaña, con lema “andamoscoxosdalinguaxe”, elaborada polas persoas usuarias dos servizos da entidade así como as súas familias, pretende sensibilizar e concienciar sobre a importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para frenar os obstáculos que limitan a participación das persoas con discapacidade na comunidade.

 

No día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade.  Por esta razón, as persoas usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, tanto dos Servizos de prevención e promoción da autonomía persoal, centro de atención diúrna terapéutica, atención a infancia, persoas socias como os seus familiares, elaboraron a Campaña de sensibilización baixo o lema #andamoscoxosdalinguaxe.  

Coa colocación de carteis polos concellos da Comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes e a través das súas redes sociais (Instagram, Facebook, páxina web e youtube), pretenden concienciar á poboación sobre cómo ás veces, as frases que escoitan no seu día a día as persoas con discapacidade, están cargadas de prexuízos que limitan a súa participación e inclusión na sociedade. As frases que utilizaron para a campaña levan xunto un código QR que permitirá entender e reflexionar sobre a importancia de mellorar a maneira de comunicarnos coas demáis persoas.

Podedes atopar os carteis en diferentes establecementos dos concellos así como acceder as súas redes sociais para coñecer máis sobre esta Campaña.

 

Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade se traballa para defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social. Dende o noso centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecemos distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade, Instagram @crdvontade ou Youtube @asociacionvontade1418

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí