Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación Vontade realiza o servizo de transporte adaptado a 16 persoas dos concellos do Baixo Miño e limítrofes

Este servizo é posible realizalo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de -Actividades de interese xeral consideradas de interes

Este servizo é posible realizalo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de -Actividades de interese xeral consideradas de interes

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2020

Fuente: Asociación Vontade

Este servizo é posible realizalo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”.

A Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade leva a cabo dende fai uns anos o Programa de Transporte Adaptado co fin de mellorar a mobilidade das persoas con discapacidade e achegar os servizos de promoción da autonomía.

A través deste servizo que ofrece Vontade dase cobertura a todas aquelas persoas maiores de 16 anos, con discapacidade física e imposibilidade de utilización de trasporte público, que precisen transporte para acceder aos servizos de promoción da autonomía realizados no Centro de Recursos da Asociación. Este servizo da cobertura a un total de 16 persoas dos Concellos do Baixo Miño (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia), así como dos concellos limítrofes de Salceda de Caselas, Gondomar, Nigrán e  Baiona.

Para poder levalo a cabo, Vontade conta cun cofinanciamento da Xunta de Galicia de 4.000 euros procedentes da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na declaración da renda. Deste xeito contribúen a que as persoas con discapacidade poidan acceder a un servizo de promoción da autonomía  e diminuír as situacións de illamento social que sofren debido ás características xeográficas da contorna.

Ademais, este ano, a COVID-19 e o período de confinamento tiveron un grande impacto nas persoas con discapacidade, paralizando os servizos, véndose privadas dos seus espazos de interacción social e afectando directamente á súa saúde física, cognitiva e emocional. Por esta razón se fai aínda máis importante e necesario que as persoas poidan acceder a actividades e recursos que lles permitan diminuír os efectos producidos nestes meses, reforzar as súas capacidades e contribuír ao mantemento da autonomía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí