Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu Festival de Músicos Xoves á nova realidade

Modifícase o formato que se viña mantendo dende hai tres décadas para dar paso a -O Rosal Cámara Fest-, un ciclo de dez concertos repartidos polas distintas parroquias

Modifícase o formato que se viña mantendo dende hai tres décadas para dar paso a -O Rosal Cámara Fest-, un ciclo de dez concertos repartidos polas distintas parroquias

Fecha: 14 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu tradicional Festival de Músicos Xoves á nova realidade que trouxo a crise sanitaria por mor da COVID-19. Ante a imposibilidade de xuntar nun mesmo espazo e mantendo a distancia de seguridade aos seus máis de 70 compoñentes, a agrupación decidiu modificar o formato deste festival que se viña celebrando dende hai xa 30 anos para seguir levando a música a cada recuncho do municipio rosaleiro.

Para conseguilo, a dirección decidiu formar grupos reducidos de músicos que durante os meses posteriores ao levantamento do estado de alarma ensaiaron diferentes repertorios. Neste sentido, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacou "a capacidade de innovación e adaptación da agrupación para seguir facendo do Rosal un pobo cultural e musicalmente activo". Nacen así 6 ensembles instrumentais que toman o seu nome homenaxeando a personaxes senlleiras na historia da Agrupación Musical, como Pepe Flores, José Vicente Simeó, Nani Matos ou Emilio Rodríguez. A estes grupos hai que sumar o grupo de cámara formado polo alumnado máis novo da escola de música e o grupo de clarinetes ‘Klason', de longo percorrido na Agrupación. O director  da Banda da Agrupación Musical, Javier Alonso, destacou a importancia desta acción formativa. "Queremos traballar tamén cos rapaces da escola e dedicámoslles un día da programación, no que farán un concerto o día 20", afirmou.

Así, a Agrupación programa un ciclo de dez concertos repartidos polas distintas parroquias do concello, cos que levar a súa música á veciñanza rosaleira mantendo sempre as medidas de seguridade ás que obriga a actual situación sanitaria. O concelleiro de cultura, Carlos Villanueva, sinalou as cousas positivas que o novo formato pode deixar, sinalando que lle gustaría que "o formato dos ensembles non morrese ao volver á normalidade, senón que servisen para darlle unha nova vitalidade á agrupación". Pola súa parte o presidente da Agrupación Musical, Andrés García, anunciou que teñen pensado facer unha campaña de captación de socios "aproveitando que percorrer moitos barrios aos que levabamos tempo sen ir, o que é unha oportunidade para darse a coñecer".

Os concertos concéntranse na segunda e terceira semana de agosto, comezando o martes 11 no campo de balonmán de Novás e rematando o sábado 22 cun concerto na Praza do Calvario, conmemorando así o día no que se tería celebrado o Festival de Músicos Xoves.

 

PROGRAMACIÓN DE VERÁN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL:

11 DE AGOSTO: NOVÁS (CAMPO DE BALONMÁN)

                21:00 BRASS BAND   "José Vicente Simeó"

12 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)

                21:00 Quinteto de metáis "Alfonso Ulloa"

13 DE AOGOSTO: SAN XIÁN (TORREIRO)

                21:00. Grupo de saxos "Emilio Rodríguez"

 14 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)

                21:00  Ensemble de ventos "Nani Matos"

15 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)

                21:00 Ensemble de madeira "Pepe Flores"  

16 DE AGOSTO: SAN MIGUEL (ALAMEDA)

                22:00 Grupo de saxos "Emilio Rodríguez"

                          Grupo de clarinetes Klason

18 DE AGOSTO: FORNELOS (ADEGA LAGAR DE CERVERA)

                21:00 Ensemble de madeira "Pepe Flores

20 DE AGOSTO: TABAGÓN (PRAZA DO MAIO)

                21:00  Cámara da escola

21 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)

                21:00  DEXTRUM ENSEMBLE. Cuarteto de saxofóns

22 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)

                22:00 BRASS BAND  "José Vicente Simeó"

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones