Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos participará no desfile de San Patricio en New YorkA Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos participará no desfile de San Patricio en New York

Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina un ano de traballo do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas e Percusión San Xoán e dos propios músicos.

Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina un ano de traballo do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas e Percusión San Xoán e dos propios músicos.

Fecha: 12 de Marzo de 2020

Fuente: Banda de Gaitas San Xoán de Pa

O 17 de marzo, día de San Patricio (Saint Patrick's Day ou Lá Fhéile Pádraig) os irlandeses conmemoran o seu patrón e a creación da República de Irlanda. Debido a gran emigración irlandesa celébrase a nivel mundial, sendo New York un dos máis concorridos e coñecidos.

A iniciativa do Celtiberian Heritage-New York e do Centro Español da cidade a Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos foi invitada a participar no desfile, do ano 2020, de San Patricio da cidade americana en representación do Estado Español.

Alén do desfile, que percorre a coñecida 5th Avenida todos os 17 de marzo, a Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos ten programados e confirmados unha serie de concertos na cidade durante esa semana, dos que destacamos:

- Concertos en Times Square, en Washington Square e na Zona Cero (One World Trade Center)
- Desfile e concerto na festa céltica de New Jersey.
- Concerto no Centro Español de Queens.

Para unha banda como a nosa, dun pequeno centro cultural e dunha pequena parroquia de Tui, supón unha grande satisfacción e responsabilidade esta invitación. Satisfacción polo recoñecemento que supón a doce anos de traballo e compromiso coa música tradicional e responsabilidade por ser escollidos para levar a música galega a un desfile destas características.

Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina un ano de traballo do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas e Percusión San Xoán e dos propios músicos. Alén dos ensaios, os integrantes da Banda e do Centro Cultural tiveron que facer fronte, en solitario, aos gastos do desprazamento aos Estados Unidos. Un duro ano de traballo, musical e económico, recadando fondos, ten agora o seu premio cunha experiencia única.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones