Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN OFRECE HOXE LUNS UN CONCERTO NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

Estará acompañada pola soprano Beatriz Vázquez Lorenzo

Fecha: 02 de Mayo de 2011

Fuente: www.concellotui.org

A Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrece o próximo luns, 2 de maio, ás 19h, un concerto no Teatro Municipal de Tui con entrada libre e gratuíta. Este evento musical é xa toda unha tradición no luns de San Telmo na cidade, coincidindo coa presenza desta agrupación para participar na solemne procesión de San Telmo.

 

A banda estará dirixida por D. Francisco García Hurtado, e acompañada pola soprano Dona Beatriz Vázquez Lorenzo. O programa que interpretarán é o seguinte:

 

Os Curmáns                                    Pasodobre                F. G. Hurtado

Pompas y circunstancias              Marcha M.                 Edward Elgar

Trombones Bravos                         Fanfarria      

Balada Galega                                 Canción                    J. Montes

La Revoltosa                                               Intermedio                R. Chapí

Concerto de Oboe                          Concerto                   B. Marcello

Pique Dame                                    Obertura                    F. Suppe

March With Me                                Canción                    Vangelis

C.N. Marcial Gamboa                     Marcha                      F. G. Hurtado

 

Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín

Na actualidade a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín está integrada por preto de 50 compoñentes, profesores de música con distinta graduación xa que está formada por suboficiais, cabos primeiros, permanentes e militares profesionais, todos eles instrumentistas de madeira, metal e percusión. Ao fronte da banda sitúase coma director Francisco García Hurtado. 

 

Esta agrupación foi creada en 1940 cando este centro castrense estaba aínda situado en San Fernando, en Cádiz. Tres anos despois foi trasladada a Marín onde dende entón realiza unha importante labor. A súa principal tarefa refírese ao réxime interior rendendo honras, implementando o ritmo nas paradas militares, xuras de bandeira, despedidas e chegadas de alumnos e buques e outras cerimonias. A Banda da Escola Naval Militar participa ao longo do ano en  procesións, concertos e certames e actos de carácter militar.

 

Beatriz Vázquez Lorenzo

Nada en Padrón comezou a súa vinculación co mundo da música a través do coro parroquial da Escravitude e da rondalla padronesa. Durante varios anos foi a voz solista do grupo de música moderna Beltain. Fai tres anos iníciase no mundo da lírica da man de Mª José Couceiro Branco, coa que continúa os seus estudos na actualidade. Así mesmo forma parte da agrupación coral Asociación Coro Liceo de Vilagarcía, baixo a dirección de Margarita Guerra. Asistiu a cursos de canto con Montserrat Caballé, José Ferrer Serra, Olivia Biarnés e Magdalena Padilla.

 

Debuta como solista en decembro de 2010 coa Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, baixo a dirección de D. Francisco García Furtado. Na actualidade prepara o "Stabat Mater" de Pergolesi para a súa próxima  interpretación acompañada de piano.

 

É licenciada en Filoloxía Inglesa e especialista en Protocolo e Comunicación. Como escritora de prosa poética colaborou cos seus poemas en varias exposicións multidisciplinares e forma parte desde hai anos do xurado premio de Narrativa Camilo José Cela de Padrón.

 

Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Luns, 2 de maio, ás 19h

Entrada libre

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones