Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Banda de Música Popular de Tui ofrece este xoves o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal

O evento contará con protocolo covid e para o acceso ao patio de butacas requirirase certificado covid

O evento contará con protocolo covid e para o acceso ao patio de butacas requirirase certificado covid

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá mañá xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h o concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui. O evento contará con todas as medidas de seguridade derivadas da actual normativa sanitaria e no acceso requirirase ás persoas asistentes o certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, ter superado a enfermidade ou certificado de proba negativa.

Baixo a dirección de Eloy Carrera a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto divido en dúas partes. Na primeira ofrecerán “Música y vinos” de Manuel Morales, “At’s World End” de Hans Zimmer e “The ghost ship” de Alberto Pina. A continuación xunto á cantante Livia Leal Caneiro a agrupación tudense interpretará “Lela” con arranxos de Susavila e tres temas de Frank Sinatra con arranxos de Manuel María. Rematarán xa con composicións navideñas coma “Last Christmas” e a “Marcha Radetzky”.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, enviaba unha mensaxe de tranquilidade indicando que “a cultura é segura” xa que o concerto se realiza seguindo o protocolo covid establecido e requirindo o certificado covid tanto ao público asistente coma a todos e todas os e as integrantes da Banda de Música Popular de Tui. Todos os músicos actuarán con máscara, salvo os intérpretes de instrumentos de vento, e colocaranse coa distancia entre eles establecida na normativa.

As entradas para o concerto son gratuítas e poden reservarse en www.tui.gal até 10 minutos antes do comezo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí