Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día do Libro ? Tui Le coa distribución de libros no mercado municipal

O encontro Tui Le é substituído este ano polas mensaxes nas redes sociais das bibliotecas escolares tudenses

O encontro Tui Le é substituído este ano polas mensaxes nas redes sociais das bibliotecas escolares tudenses

Fecha: 23 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de "Tui Le", unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).

Asi pois para a celebración desta data e favorecer que esta celebración poida chegar a un maior número de persoas, dende a Biblioteca Municipal tudense promóvense dúas iniciativas

1.- A distribución de libros de balde a todos os lectores interesados, así haberá un carro con libros ofrecidos pola Biblioteca Municipal na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.

2.- Para celebrar Tui Le, o encontro anual das bibliotecas escolares do noso concello que iba a realizarse o venres 24 de abril, haberá a través das redes sociais do Concello de Tui o acceso a unha mensaxe que cada centro bibliotecario ofrecerá para conmemorar esta data e lembrar a todos que a lectura é unha boa alternativa para este tempo de confinamento.

Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.

Plataforma "Galicia Le"
Tamén a Biblioteca Municipal lembra as posibilidades que na rede existente para o acceso de balde a numerosos recursos bibliográficos a disposición de todos. Lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a "Galicia Le" (https://www.galiciale.gal/ ).

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones