Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o 1 de outubro o Contacontos -A bruxa Maruxa non quere ser bruxa-

Sábado 1 de outubro ás 12:00h do mediodía na Biblioteca Pública Municipal da Guarda. Entrada libre ata completar aforo.

Sábado 1 de outubro ás 12:00h do mediodía na Biblioteca Pública Municipal da Guarda. Entrada libre ata completar aforo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O sábado día 1 de outubro ás 12:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o Contacontos “A bruxa Maruxa non quere ser bruxa”, actividade de acceso libre ata completar o aforo e enmarcada no programa Ler conta moito.

 

“A bruxa Maruxa non quere ser bruxa” é unha actividade de narración oral destinada nenos e nenas de entre 5 e 10 anos cunha duración aproximada duns 50 minutos. A bruxa Maruxa non quere ser bruxa, quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.

 

Ler conta moito, é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

 

A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

 

Deste xeito a Biblioteca Pública Municipal da Guarda reforza o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alenta a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporciona.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí