Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Biblioteca tudense prestou case 12.800 libros a 1000 usuarios en 2022

Con motivo do Día dos Usuarios da Biblioteca este sábado ás 11 h entregaranse os diplomas aos lectores de honra do pasado ano

Con motivo do Día dos Usuarios da Biblioteca este sábado ás 11 h entregaranse os diplomas aos lectores de honra do pasado ano

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Hoxe mércores, 11 de xaneiro, celébrase o Día dos Usuarios das Bibliotecas, unha xornada na que se recoñece  aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois os usuarios son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información.

En 2022 a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou un total de 12.788 préstamos de libros, cunha media de 1.066  préstamos ao mes, a un total de 988 usuarios activos da Biblioteca tudense.

Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano 2021 cando se acadaron os 10.255 préstamos, en concreto o crecemento é dun 25% no número de préstamos, incremento que tamén abrangue ao número de usuarios activos que alcanza as 988 persoas, un 30% superior respecto ao pasado ano 2021 que foron 759.

Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.226 usuarios, ao longo do pasado ano se incorporaron a este servizo 363 novos usuarios. 145 adultos ou maiores de 14 anos e 119 usuarios infantís. Deste conxunto de usuarios, 988 fixeron uso do servizo de préstamo de libros: 570 adultos e 418 infantís.

Entrega dos diplomas aos máis lectores de 2022

Precisamente con motivo do Día dos Usuarios das Bibliotecas que hoxe se celebra o centro bibliotecario tudense entregará este sábado, 14 de xaneiro, ás 11.00 h os diplomas de lectores de honra do ano 2022 ás tres persoas, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano. Na categoría infantil os máis lectores foron Marina Ropero Montero, Elena Sousa Fernández e Sergio Fontenla Alonso. Mentres en adultos as persoas que máis libros levaron en préstamo foron María Presas Blanco, Loida Aneiros Leiro e Alfredo Godoy Zamorano.

A Biblioteca conta con 32.500 volumes dos que case 900 se incorporaron en 2022

 

A Biblioteca Municipal tudense conta na actualidade con 32.582 volumes, o que supón unha cifra en torno ao 1,8 volumes por habitante do concello, que está moi próximo ás recomendación da IFLA para localidades coa nosa poboación que determinan 2 volumes/habitante.

Ao longo do pasado ano 2022 esta colección bibliográfica foi enriquecida e actualizada con 886 novas obras. A súa procedencia é tripla: con fondos propios do Concello de Tui, coas achegas da Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia e coas doazón de usuarios e cidadanía. Paralelamente a Biblioteca expurgou un total de 786 volumes debido ao seu deterioro ou por ter un contido obsoleto.

Cómpre lembrar que o acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente é preciso ser “socio” ou “usuario” de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de “Galicia le”, a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí