Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A camelia, protagonista da fin de semana en Tui

O claustro da Catedral acolle a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA e unha trintena de establecementos decoran os seus escaparates con esta flor.

O claustro da Catedral acolle a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA e unha trintena de establecementos decoran os seus escaparates con esta flor.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

O sábado, 18 de febreiro, ás 12.30 h será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades. O lema deste ano é “A Camelia na Eurocidade”. Acudirán 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que amosarán unha ampla mostra desta flor e das distintas variedades.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participará mañá no acto inaugural xunto a representantes da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, da Sociedade Internacional da Camelia, da Sociedade Española da Camelia, da Catedral de Tui e de ATUCA.

A exposición poderá visitarse mañá sábado de 16.30 a 21.00 h e o domingo de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

De forma paralela unha trintena de comercios de Tui súmanse a esta iniciativa engalando esta fin de semana os escaparates dos seus establecemento con  camelias. A idea xurdiu do propio comercio local contando coa colaboración de ATUCA, do Concello de Tui e veciños e veciñas que doaron flor para expor nos establecementos, ao igual que o Centro O Pelouro.

Deste xeito Tui esta fin de semana sumará a todo o seu patrimonio natural, cultural e histórico un atractivo máis coma é a camelia. Así os visitantes amais de achegarse até o claustro da Catedral poderán tamén facer un percorrido pola cidade para admirar as decoracións nos comercios locais. A listaxe completa e un mapa no que se poden consultar os comercios participantes pódese consultar tanto na web municipal coma na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí