Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A campaña da Xunta -Únete ao reto- anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e Tomiño

Esta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos cinco concellos da provincia de Pontevedra que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe

Esta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos cinco concellos da provincia de Pontevedra que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Abril de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A campaña de reciclaxe Únete ao reto segue promovendo novas accións de sensibilización entre a cidadanía galega, como a recente instalación de cadanseu contedor amarelo xigante en Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña e Tomiño, os cinco municipios da provincia de Pontevedra que participan este ano na iniciativa impulsada conxuntamente pola Xunta e Ecoembes.

 

Con estes elementos, construídos en madeira reciclada e cunhas dimensións de 2,5 metros de ancho por 4,5 metros de altura, búscase chamar a atención da veciñanza e animala a contribuír a que o seu concello logre aumentar nun 10% a recollida de envases de plástico, latas e briks, obxectivo principal desta terceira edición de Únete ao reto.

 

Para logralo, computaranse os residuos que se depositen nos contedores amarelos dos 13 municipios participantes en toda Galicia desde o inicio da campaña, o pasado 1 de marzo, ata o vindeiro 31 de maio. O obxectivo é que a cantidade recuperada supere como mínimo nun 10% as cifras depositadas neste mesmo período o ano pasado, que foi de 1.700 toneladas.

 

Ademais da contribución ao coidado do medio ambiente e ao fomento da economía circular inherentes á reciclaxe destes residuos, cómpre lembrar que todos os concellos que superen o reto recibirán como recompensa unha achega de 2.000 euros para doar á causa social da súa elección.

 

Para iso, durante os tres meses da campaña desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación. Así, ademais da instalación dos 13 contedores xigantes en lugares céntricos e visibles para que teñan o maior impacto posible entre a cidadanía, estanse a facer visitas periódicas aos concellos participantes para instalar vinilos nos comercios e na hostalaría local e falar cos veciños, informando da importancia e dos beneficios de facer un correcto uso do contedor amarelo.

 

Ademais, tamén se prevén campañas nos medios de comunicación e en redes sociais co obxectivo de animar á cidadanía a participar na iniciativa, á vez que se lles aconsella sobre como reciclar mellor no seu día a día para garantir que estes materiais, unha vez depositados nos contedores amarelos, se poidan reutilizar e devolver ao ciclo produtivo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí