Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A campaña -elixe comercio local- chega a cada comarca da provincia para promocionar os seus establecementos e impulsar a súa economía

Ata o 31 de maio a Deputación divulga as características distintivas do comercio local: identidade, territorio, confianza, sustentabilidade e calidade

Ata o 31 de maio a Deputación divulga as características distintivas do comercio local: identidade, territorio, confianza, sustentabilidade e calidade

Fecha: 26 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A aposta polo comercio local cobra neste mes de maio un papel protagonista no marco da acción política da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, enmarcada na campaña de apoio ao comercio máis próximo, "Elixe comercio local" chega esta semana ás comarcas da provincia de Pontevedra, de forma diferenciada, e incidindo nas características de cada territorio mediante creatividades específicas que amosan imaxes representativas de cada unha delas.

Identidade, proximidade, confianza, coñecemento, sustentabilidade e calidade son os eixos nos que se sustenta esta campaña da Deputación que anima á cidadanía non só a apostar polo consumo dos nosos produtos, senón tamén a mercalos directamente nos comercios de cada vila e de cada pobo, amosando a estreita relación entre comercio local e territorio. "Elixe comercio local", que pode verse nas canles institucionais da Deputación e nos medios de comunicación ata o 31 de maio, trátase dunha iniciativa centrada, como anunciou a presidenta provincial Carmela Silva, "nas singularidades e características únicas que diferencian ao comercio local das grandes superficies ou comercio online".

A campaña céntrase nas características deste tipo de comercio como son o trato amable, a atención personalizada, a cercanía, a capacidade de xerar emprego. Así, a Deputación de Pontevedra anima á poboación e ás viaxeiras e viaxeiros a comprar nos preto de 11.000 pequenos e medianos establecementos de As Rías Baixas (o 36 % dos existentes en Galicia). Deste xeito, ademais de adquirir bos produtos, axudarán a revitalizar a economía do territorio. "O comercio local ofrécenos todo o que necesitamos na nosa vida diaria", expón a presidenta da institución, Carmela Silva, para resaltar que o sector constitúe, ademais, "un elemento de proxección turística con alto potencial para captar visitantes". Amais, o comercio local mantén un vínculo profundamente arraigado coa veciñanza da provincia. As vendedoras e vendedores prestan unha atención de calidade, mentres que favorece unha economía sostible e contribúe a reforzar o sentimento colectivo. Así mesmo, contribúe a proxectar o territorio de fronte ao turismo de compras e a aquelas viaxeiras e viaxeiros que buscan unha experiencia auténtica, amable, de trato próximo, que capte a idiosincrasia do destino turístico

A Deputación de Pontevedra tamén fai con esta campaña un chamamento á responsabilidade da poboación para que apoie ao comercio local nun momento tan complexo. A institución apela á pertenza á comunidade e ao compromiso de axudar entre todas e todos a saír desta situación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones