Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Catedral acolle este mércores o pregón da Semana Santa tudense

Correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela

O vindeiro mércores 10 de abril a Catedral acolle o pregón da Semana Santa tudense

Fecha: 10 de Abril de 2019

Fuente: Asociación de Amigos da Catedr

O próximo mércores 10 de abril ás 20,00 horas (*) terá lugar na Capela das Reliquias da S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, que neste ano correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense, técnico do Concello de Tui e que ata hai unhas semanas desempeñou, durante cinco anos, o cargo de Director - Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa "Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia" e coa colaboración do Concello de Tui, impulsan, logo da favorable acollida dos anos anteriores, a celebración deste pregón da Semana Santa tudense co obxectivo de promover e valorizar as celebracións desta xornadas na nosa cidade e servir como anuncio e apertura dos actos litúrxicos destas tradicionais celebracións tudenses. Esta iniciativa comezou no ano 2012, coa presenza da profesora tudense Marta Cendón, e dende aquela van oito anos deste evento xa consolidado como o inicio das celebracións da Semana Santa en Tui.

O propósito das entidades organizadoras é contribuír á promocións dos actos litúrxicos e, nomeadamente, as procesións e outros elementos que identifican, dende hai séculos, a Semana Santa tudense. Estes actos reúnen xuntos aos desfiles procesionais outros elementos paralitúrxicos ou parateatrais de fonda tradición na nosa cidade, como é a horta das Oliveiras (que o pasado cumpriu cen anos de presenza continuada) ou os sermóns do Encontro e o Desencravo. Certamente estes aspectos resultan os máis singulares da Semana Santa tudense que unidos aos desfiles procesionais, onde saen singulares tallas -salientando a popular Dolorosa de Agustín Querol- e ao excepcional marco destes cortexos polas vellas rúas do conxunto histórico converten á Semana Santa tudense nun excepcional acontecemento que une fe, arte e cultura.

A fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa cidade.


(*) Nos carteis da Semana Santa figura esta lectura do Pregón o domingo 7 de abril, pero tivo de ser adiada ata o mércores 10 de abril. Rogamos desculpas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones