Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Catedral de Tui acolle o XII Música no Claustro

O festival volve do 3 ao 7 de agosto á Catedral de Tui con concertos, obradoiros e conferencias que fusionan música e patrimonio

Como cada ano os concertos remataran coa apertura ambigú-xardín da catedral que permita relaxarse e intercambiar opinións nun entorno único

Fecha: 06 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tui

Presentouse no Claustro da Catedral de Tui a XII edición de Música no Claustro que se celebrará entre o 3 e o 7 de agosto. Á presentación acudiron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o director do festival, Samuel Diz; o cóengo emérito e mentor do evento, Ricardo García; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro; o conselleiro en Galicia de Artistas Intérpretes ou Executantes (AIE), Xacobe Martínez; e a música Sandra Pérez, quen interpretou unha peza ao vibráfono.

O rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, dixo sentirse "privilexiado" de poder presentar este festival nun lugar "tan emblemático como é o Claustro da Catedral de Tui, símbolo por excelencia do noso patrimonio histórico".  Cabaleiro engadiu, así mesmo, o "perfecto binomio entre creadores formados no conservatorio de Tui e a posta en valor do noso patrimonio que define á cidade no mundo".

Música no Claustro busca este ano o "diálogo transversal entre o edificio da Catedral e micro elementos patrimoniais como á grana cochinilla", segundo apunto o seu director, Samuel Diz. A grana cochinilla, a través da que xira parte desta edición, trátase dun parasito que chegou dende México para revolucionar a sociedade tudense da época a través da súa capacidade para tinguir de vermello os tecidos. Na conferencia "vermello profundo" -xoves 4, 18.30h- darase conta dos seus usos na indumentaria eclesiástica e nos códices musicais da época .

"Un festival eminentemente familiar", salientaba Samuel Diz, que organizará ademais unha xincana para que a rapazada descubra de forma lúdica o conxunto catedralicio. Como cada ano os concertos remataran coa apertura ambigú-xardín da catedral que permita relaxarse e intercambiar opinións nun entorno único.

En total, 5 concertos principais en diferentes puntos da Catedral, diversas conferencias e obradoiros de artesanía permitirán a fusión entre música, patrimonio e creación interdisciplinar da que fai gala o evento.

Música no Claustro, que ten unha duración de cinco días, forma parte do programa cultural de verán do Concello de Tui. O programa completo pode consultarse na web http://musicanoclaustro.com

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones