Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CATEDRAL DE TUI PRESENTE NO -CICLO DE CONCERTOS NAS CATEDRAIS GALEGAS-

O conselleiro de Cultura e Turismo enmarcou na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011 a celebración deste ciclo, no que a Orquestra Gaos interpretará a -Misa de Réquiem en re menor- de Mozart nas catedrais de Ourense, Tui, Santiago e Mondoñedo e n

Fecha: 06 de Octubre de 2011

Fuente: www.xunta.es

Imagen de archivo - Fachada Catedral de Tui
 
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá na Catedral de Santiago o ‘Ciclo de concertos nas catedrais galegas’, que se desenvolverá do 8 ao 16 de outubro enmarcado na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011. Neste ciclo, a Orquestra e o Coro Gaos interpretarán a ‘Misa de Réquiem en re menor’, de Wolfgang Amadeus Mozart, nas catedrais de Ourense, Tui, Santiago e Mondoñedo e na igrexa de San Pedro en Lugo. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, esta iniciativa “abre unha fiestra para a proxección dos novos valores da música de Galicia, e contribúe á posta en valor do noso patrimonio”. O acto de presentación, celebrado na cripta da basílica compostelá, contou coa participación do deán da Catedral, José María Díaz; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero; o director da Orquestra Gaos, Fernando Briones; e o barítono Borja Quiza.

Na súa intervención, Roberto Varela sinalou que este ciclo de concertos permitirá “gozar dun elenco galego interpretando unha das pezas esenciais da historia da música en cinco dos espazos máis importantes do noso patrimonio eclesiástico”. Deste xeito, o proxecto promovido pola Xunta de Galicia, desde a Axencia Galega das Industrias Culturais, pretende “achegar a música clásica ao público de toda Galicia, a través de concertos de entrada gratuíta nas catro provincias”. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, “resulta difícil imaxinar un escenario máis suxestivo e acaído para interpretar este cumio da música sacra que as catedrais de Galicia”.

Neste sentido, Varela cualificou a “Misa de Réquiem en re menor” de Wolfgang Amadeus Mozart como “unha obra maiúscula, dunha beleza serena e, ao tempo, chea de forza e emotividade”. “Unha peza que se ten convertido nunha referencia inescusable da música sacra”, engadiu. Respecto aos “encargados de dar vida á partitura de Mozart”, o conselleiro referiuse á Orquestra Gaos como “unha das formacións musicais máis novas, activas e con maior proxección da nosa Comunidade”.

O “Ciclo de Catedrais” comezará este mesmo sábado na Catedral de Ourense, ás 21,00 horas, e continuará na Catedral de Tui (9 de outubro, ás 19,30 horas); na Igrexa de San Pedro de Lugo (14 de outubro, ás 21,00 horas); na Catedral de Santiago (15 de outubro ás 21,30 horas); e na Catedral de Mondoñedo (16 de outubro ás 19,30 horas). En todas as actuacións, a Orquestra e o Coro Gaos interpretarán a “Misa de Réquiem en re menor” de Wolfgang Amadeus Mozart. Os recitais de Ourense e Santiago completaranse coa interpretación do “Concerto para clarinete e orquestra en la maior”, tamén do xenio de Salzburgo. A Orquestra e o Coro Gaos contarán neste ciclo coa colaboración dos cantantes Carmen Subrido, Nuria Lorenzo, Borja Quiza e Francisco Corujo. No “Concerto para clarinete e orquestra en la maior” actuará ademais o clarinetista Antonio Suárez.

Elenco galego
A Orquestra Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia, na súa meirande parte estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos, e a súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón da Coruña baixo a dirección de Fernando Briones, director titular da formación. En apenas dous anos, colaboraron coa orquestra 227 músicos galegos en 19 programas diferentes, a través de 30 concertos nos principais auditorios de Galicia. Participaron como solistas 11 músicos galegos cunha gran traxectoria artística, e posuidores dunha dilatada carreira como o caso do barítono Borja Quiza, o clarinetista Antonio Suárez, solista da Gustav Mahler Jugendorchester ou a violista Inés Picado. Así mesmo, tamén tivo a oportunidade de acompañar aos gañadores do Concurso Internacional de piano “Cidade de Ferrol” Alexander Yakovlev e Daniil Tsvetkoven nas súas edicións 2009 e 2010 respectivamente.

Grazas á participación da orquestra na presentación do Xacobeo 2010, a formación comparte escenario coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, coa que realiza a súa primeira gravación discográfica: un cd con 14 temas galegos orquestrados por Juan Durán. A Orquesta Gaos ten a súa propia tempada de concertos no Teatro Colón da Coruña e xa está inmersa na súa terceira tempada na que participarán o pianista Gabriel López, o violinista Javier Cedrón ou o frautista André Cebrián. Ademáis, estreará obras de cinco compositores galegos e, en decembro, realizará unha gala lírica coa soprano Ainhoa Arteta.

O Coro Gaos nace en setembro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos. Está constituído por 50 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. Reciben formación vocal mediante clases de técnica con profesoras da categoría de Mª Carmen Subrido ou Manuela Soto, así como mediante a organización de cursos de canto con importantes figuras da lírica.

 

Documentos relacionados

Dossier explicativo
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones