Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CATEDRAL DE TUI RECIBE A OBRA POÉTICA E PERFORMANCE MUSICAL DO CATALÁN MARÇAL FONT

Segunda xornada da X edición do festival Música no claustro

Segunda xornada da X edición do festival Música no claustro

Fecha: 07 de Agosto de 2014

Fuente: www.musicanoclaustro.com

  • Proposta escénica de poesía e free jazz de Marçal Font e Ferran Besalduch. Xoves 7 ás 21.30 no Claustro Gótico
  • Obradoiro de declamación e spoken Word com Marçal Font. Xoves 7 de 12 a 14h
  • Xicana monumental para nenos. Búsqueda dun tesouro dentro da Catedral.
  • Encontro coa artista da exposición "Constelación de 12 mulleres" Victoria Vinader ás 20.30h

Tras o éxito acadado en Música no claustro 2012, a obra poética e performance do catalán Marcal Font regresa a Tui. Asiduo rapsoda en palcos e gañador de múltiples slams nacionais e internacionais, Marcal Font preséntanos o seu novo traballo "Frutos del desguace" xunto ao saxofonista Ferran Besalduch, intérprete experto en músi­cas modernas e free jazz.  A presentación deste novo traballo terá lugar o xoves 7 ás 21.30h  no Claustro Gótico da Catedral.

Ademais o mesmo xoves 7 das 12 ás 14 h Marçal Font impartirá no Claustro un obradoiro de declamación poética e spoken word, no que nos falará sobre a súa historia, técnicas e escolas. Para participar no obradoiro é imprescindíbel reservar praza no teléfono 652055969, xa que a charla-obradoiro conta cun aforo máximo de 20 persoas a partir de 13 anos.

Para os mais cativos, nenas e nenos de 6 a 12 anos, o xoves 7 ás 12h terá lugar a xincana monumental con Carla Diz. Trátase  de que os pequenos coñezan o patrimonio dunha forma lúdica. Así deberán atopar o tesouro, a peza máxica que falta para a construción da xoia que están facendo os maiores no obradoiro de ourivería. Terán que prestar atención e seguir con imaxinación as pistas que se agochan na Catedral, no Claustro, nos xardíns e nas rúas de Tui. A participación é libre baixo orde de chegada até completar as 20 prazas.

Ás 20.30h do xoves terá lugar o encontro coa autora da exposición "Constelación de 12 mulleres", na que Victoria Vinader Marquina tomando como punto de partida o coro e o órgano da Catedral, leva o interior ao exterior, a historia ao presen­te, e establecendo un diálogo entre eles, así como entre as linguaxes artísticas e materiais do románico, gótico e os contemporáneos. Na obra tamén ven reflectido o seu interese no medio ambiente, e unha intención de reivindicar a experiencia da muller. Móvea o desexo de homenaxe á súa nai, e a través dela, a todas as mulleres. A exposición estará aberta ao público durante os concertos e obradoiros no Claustro Gótico.

CRECEMENTO ORGÁNICO DO FESTIVAL

  • Duplícase a programación musical durante a fin de semana, as exposicións e o apoio á creación artística.
  • Por primeira vez organiza obradoiros para público adulto e actividades específicas para os peregrinos.
  • Incrementa o apoio institucional e privado grazas á apartación de empresas galegas e profesionais independentes.
  • #tocamosmadeira. Nunha aposta pola visibilización da madeira como elemento clave na Catedral e na construción de instrumentos.
  • O festival suma oa apoio institucional un crecemento doo apoio privado que creceu máis dun 150% respecto de edicións anteriores grazas a colaboración de empresas como FINSA, JLMúsica, Dos Acordes, Fototeca Estudio-Taller e Porta da Pía Artesanía e unha ampla equipa de profesionais que inverten as súas horas de traballo en facer deste festival unha cita única.

AXENDA XOVES

10:00h

  • Obradoiro de Ourivería (Claustro Gótico)

12:00h

  • Xincana monumental (Catedral)
  • Obradoiro de declamación poética e spoken word Claustro Gótico. (Sala Capitular)

20:30h

  • Encontro coa artista da exposición "Constelación de doce mulleres" (Claustro Gótico)

21:30h

  • Ciclo Novos Intérpretes (Claustro Gótico)
  • Marçal Font e Ferran Besalduch (Claustro Gótico)

Despois do concerto...

  • Visita guiada nocturna "Doce Santas" (Claustro Gótico)
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones