Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG chama a participar na manifestación convocada en solidariedade coa loita do persoal de IKF da Guarda

A marcha arrincará este mércores dende a sede da empresa nas Cachadas ás 11:00 horas e rematará na Praza Avelino Vicente

A marcha arrincará este mércores dende a sede da empresa nas Cachadas ás 11:00 horas e rematará na Praza Avelino Vicente

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Septiembre de 2021

Fuente: CIG

A CIG fai un chamamento á veciñanza da Guarda a participar na manifestación convocada este mércores día 15 en solidariedade coa loita que mantén o cadro de persoal da empresa IKF contra os intentos da dirección de precarizar as súas condicións laborais. A marcha a pé arrincará dende a sede da compañía nas Cachadas á 11:00 horas e rematará na praza Avelino Vicente (As de copas).

Os traballadores/as de IKF, dedicada á fabricación de materiais refractarios, levan xa 22 xornadas de folga contra as pretensións da compañía francesa de precarizar as condicións laborais mantendo a dobre escala salarial e impoñendo a liberalización horaria. A dirección négase a negociar mentres non se desconvoquen os paros a pesar dos intentos de mediación do AGA.

Por iso agora o de empresa (4 delegados/as da CIG e 1 de CCOO) vén de convocar unha manifestación coa que pretende amosarlle á dirección de IKF que as súas reivindicacións contan co apoio da veciñanza do Baixo Miño. Dende a CIG lembran que se trata dunha loita solidaria na que a práctica totalidade do cadro de persoal está implicado na defensa das condicións laborais do conxunto dos traballadores/as a pesar de que a dobre escala salarial que a empresa quere prolongar no tempo non lles afecta a todos/as.


O que si lle afecta ao conxunto do persoal é a liberalización horaria, a maior flexibilización da xornada e o cambio no goce das vacacións que pretende impor IKF no novo pacto laboral. En consecuencia, os paros -ao igual que a folga indefinida convocada en xullo e que suspenderon no período vacacional de agosto- están a ter un seguimento practicamente total. De feito, só entran a traballar dúas persoas das 60 que integran o departamento de fabricación, unha delas o único representante de CCOO no comité.


Dende a CIG-Construción denuncian que a dirección négase a negociar a pesar dos intentos de mediación do AGA e esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse. A parte social está disposta a suspender a folga mentres se producen as conversas, pero non a desconvocala. “A empresa está a botarnos un pulso, porque nos estamos a xogar os dereitos laborais conquistados durante 30 anos mediante a negociación colectiva; se gañan estenderán a precariedade, porque o que queren son salarios máis baixos e liberalizar xornada e horarios; queren ter á xente á súa disposición os sete días da semana”, advirten.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí