Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG de Vigo, O Morrazo e Baixo Miño sairá á rúa este 8M baixo o lema -A crise non a imos pagar as traballadoras-

A central sindical conmemora un ano máis o Día Internacional da Muller Traballadora cunha ducia de mobilizacións por todo o país

A central sindical conmemora un ano máis o Día Internacional da Muller Traballadora cunha ducia de mobilizacións por todo o país

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2023

Fuente: CIG

A Unión Comarcal da CIG de Vigo e as Unións Locais do Morrazo e do Baixo Miño presentaron hoxe as mobilizacións que terán lugar na cidade, en Cangas e na Guarda con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. A central sindical botarase á rúa un ano máis cunha ducia de protestas por todo o país, nesta ocasión baixo o lema 'A crise non a imos pagar as traballadoras'.

A secretaria das Mulleres da CIG de Vigo, Ester Mariño, compareceu en rolda de prensa xunto á responsábel da Secretaría das Mulleres da CIG do Morrazo, Maruxa Martínez, e da integrante da Executiva comarcal de Vigo Raquel Pérez para presentar as mobilizacións que a central sindical vai desenvolver coincidindo con esta data reivindicativa. No caso de Vigo, a manifestación arrincará do cruzamento da Dobrada ás 11:30 horas, mentres que en Cangas a marcha sairá da estación de autobuses ás 12:00 horas. No caso da Guarda desenvolverase unha concentración na Praza As de Copas, tamén ás 12:00 horas.

Mariño lembrou que como cada ano por estas datas a central sindical fai un chamamento “a encher de lila” as rúas do país e a que todas as mulleres saian “a berrar ben forte e a facer eco das nosas reivindicacións”. Nesta ocasión a CIG deseñou unha campaña baixo o lema 'A crise non a imos pagar as traballadoras' que contempla os oito principais motivos polos que mobilizarse este 8M.

En primeiro lugar, para denunciar o impacto que tivo a última reforma laboral sobre as condicións de traballo das mulleres, “aumentando a parcialidade do emprego e afondando na precarización”. Mais tamén para poñer enriba da mesa a existencia dunha fenda salarial “que se ben é certo que nos últimos anos se reduciu lixeiramente segue a ser do 19%, algo que para nós é inasumíbel e intolerábel”.

Outro dos motivos ten que ver co aumento da carestía da vida e o encarecemento dos servizo públicos, “cuestións que teñen un maior impacto nas mulleres”. Neste senso, Mariño sinalou que a central reclama uns servizo públicos de calidade “para que a conciliación poida ser unha realidade”, ai tempo que aposta por rematar coa precariedade laboral, “que segue a ter cara de muller tanto no sector público como no privado”. Fixo especial mención ás empregadas do fogar, xa que a nova reforma non lle recoñece a súa condicións de traballadoras adheridas ao réxime xeral con dereitos plenos dende que comezaron a cotizar.

E tamén á fendas das pensións, que na actualidade se eleva até o 35%, polo que reclamou que se teña en conta o impacto de xénero á hora de levar a cabo calquera reforma do sistema público de pensións.Nesta liña, censurou que no caso de que se amplíe aos 30 anos o período de cálculo das prestacións “as mulleres galegas quedariamos a deber ano, xa que nestes momentos a media de anos cotizados é do 24,5%, polo que teriamos que traballar até os 75 anos para ter dereito a unha pensión”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí