Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG denuncia a preocupante situación dos centros de saúde do Baixo Miño, con listas de agarda de até 20 días

A xa habitual falta de persoal estase a ver agravada coa -nova normalidade- e o inicio do período estival

A xa habitual falta de persoal estase a ver agravada coa -nova normalidade- e o inicio do período estival

Fecha: 04 de Julio de 2020

Fuente: CIG

A federación de Saúde da CIG de Vigo denuncia a preocupante situación na que se atopan os centros de saúde da comarca do Baixo Miño como consecuencia da falta de persoal, o que está a provocar que haxa listas de agarda de até 20 días para unha cita ordinaria.
 
Segundo sinalan dende a central, a lista de espera para unha cita ordinaria no Rosal supera os 20 días, mentres que na Guarda é de como mínimo 10 días. No caso de Oia, a única facultativa que está no centro ten que dar asistencia a dous cupos, urxencias e domicilios, quedando sen médico en caso de saídas programadas ou urxentes durante o tempo que dure esa asistencia, que pode superar as dúas horas.
 
A falta de persoal médico para substituír as vacacións e días de permisos vén sendo un clásico nos últimos anos, "mais este ano viuse agravada polas medidas excepcionais de vacacións que obrigan a todo o persoal a gozalas antes do mes de outubro". Esta situación dificulta aínda máis a substitución de persoal sanitario (médico e enfermeiro), o que obrigou ao peche de tarde do centro de saúde da Guarda debido ás numerosas incidencias de problemas de asistencia que houbo en anos anteriores, reforzando as tardes no PAC.
 
Ao mesmo tempo, indican que a situación de pediatría, agora centralizada no centro de saúde da Guarda, "non é mellor". Xa que a carga de enfermería viuse incrementada ao asumir a atención do Rosal e Oia sen aumentar o persoal de enfermería deste centro. Isto fai que se afronte con preocupación o mes de agosto ,no que unha enfermeira asumirá os tres cupos máis a atención derivada do turismo, que é importante nesta comarca.
 
Así mesmo, o persoal administrativo viu multiplicadas as súas funcións, mantendo tamén o mesmo persoal, véndose desbordado e xerándose colas importantes nos mostradores.
 
Ademais, o PAC vén detectando un aumento de asistencias polas demoras na citación, un problema que se verá agravado coa chegada do turismo. O problema do único equipo "parchease" durante as tardes, pero o maior número de asistencias no verán prodúcense precisamente a partir das 21:00 horas.
 
Diante disto, fan fincapé en que a chamada "nova normalidade" pon en evidencia a escaseza de recursos na atención primaria con centros deteriorados e obsoletos e con problemas para cumprir unhas mínimas condicións de seguridade polos recortes en persoal.
 
Consideran que tras o período crítico da pandemia o sacrificio segue a ser para os mesmos, a poboación que segue sen ter accesibilidade para a atención e seguimento dos seus procesos de saúde e o persoal que traballa na sanidade pública, que segue sobrecargada. Neste senso, lembran que a CIG vén denunciando desde hai anos esta situación. "A política do PP de querer facer máis con menos produce unha sobrecarga no persoal; e as políticas de precariedade levaron a centos de sanitarios a emigrar ou buscar alternativas na sanidade privada; isto, xunto coas escasas oposicións que non cubriron durante anos as xubilacións e o aumento da demanda asistencial dunha poboación envellecida, está a producir un deterioro que este ano se vai facer máis evidente".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones