Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG-Saúde denuncia a -situación extrema- das profesionais do centro de saúde da Guarda

O problema ven derivado da falta de cobertura do persoal médico con ausencias longas desde hai máis dun ano, e que, tras a marcha dun facultativo que accedeu a unha praza noutra comunidade, vén de se empeorar aínda máis.

O problema ven derivado da falta de cobertura do persoal médico con ausencias longas desde hai máis dun ano, e que, tras a marcha dun facultativo que accedeu a unha praza noutra comunidade, vén de se empeorar aínda máis.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Mayo de 2021

Fuente: CIG

Segundo explican dende a central sindical, de oito médicos/as de familia só se conta con catro en
activo na actualidade. “Hai cupos que levan máis dun ano sen médico/a de referencia co deterioro
na continuidade na atención, o que está a levar a unha situación insostíbel”. Os propios profesionais
manifestan que o traballo, tal e como se viña desenvolvendo hai anos coa cobertura de todos os
cupos, é asumíbel malia a distancia ao hospital de referencia, “pero non na situación actual, o que
non se soluciona con boas palabras senón con persoal”.
A situación de sobrecarga inflúe sobre todas as profesionais: enfermaría ve aumentadas as súas
funcións e carga de traballo, así como as técnicas/os en coidados auxiliares de enfermaría; as
enfermeiras de pediatría veñen asumindo máis traballo pola centralización de Pediatría de Oia e do
Rosal neste centro sen verse reforzada ou mellorada a súa remuneración polo aumento de atención
de doentes; as PSX tamén viron aumentado o seu traballo, e ademais ven condicionada a citación á
cobertura das ausencias por parte da Xerencia.
Ademais, o pasado luns deuse a circunstancia de que unha soa médica tivo que asumir até metade
da mañá o traballo do centro de saúde, co temor de que se puidese solicitar asistencia fóra do
centro quedando o centro sen asistencia médica.
Tras unha reunión mantida coa Xerencia por parte dos profesionais “poucas son as alternativas de
mellora para esta situación, na medida en que non supón un aumento no cadro de persoal actual e
verase condicionado polos movementos que se produzan na toma de posesión da OPE”.
Como parche, a fin de minimizar a escaseza crítica de efectivos no tramo horario da mañá,
encontrouse no peche temporal do tramo da tarde do centro de saúde unha solución parcial. O
posíbel peche temporal polas tardes do centro supón o reforzo das tardes co propio persoal do PAC
sen aumentar tampouco o número de profesionais. “Cómpre lembrar a reivindicación que se vén
facendo desde fai anos de que haxa dobre equipo de PAC todos os días da semana neste centro e
que nestes momentos é mais necesario que nunca”.
Por todo isto, a CIG-Saúde solicita que se solucione o problema de falta de cobertura neste centro,
que é o que ten a situación máis crítica de toda a área sanitaria. Que se reforce enfermaría de
pediatría neste centro polo aumento de carga derivado da centralización por causa da pandemia e
que se contemple o dobre equipo no PAC como medidas para solucionar este problema.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí