Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Comisaria europea de Cohesión participa este venres no debate -Europa sen Fronteiras- das II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño

Todas as persoas que o desexen poderán asistir por streaming a través da páxina web da Eurocidade

Todas as persoas que o desexen poderán asistir por streaming a través da páxina web da Eurocidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira Tomiño, quenta motores xa para a celebración das II Xornadas Amizade que terán lugar mañá ao longo de todo o día no Auditorio do CAE (Centro de Apoio ás Empresas de Cerveira)*, e que servirán para e reflexionar sobre o futuro da cooperación transfronteiriza, e realizar un balance dos resultados acadados na “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP).

 

O foro contará con numerosas autoridades a nivel local, autonómico e estatal, entre as que se atopan a comisaria europea de Cohesión (Elisa Ferreira), a ministra de Coesão Territorial do Governo Português (Ana Abrunosa) e o presidente da Xunta de Galicia, (Alberto Núñez Feijóo) que participará por videoconferencia, igual que a comisaria. Todos eles participarán no debate “Europa sen fronteiras: O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo" (16.00 h. portuguesa), moderado por Fátima Campos Ferreira, xornalista RTP
e Xabier Fortes, xornalista RTVE, e no que tamén estarán o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

 

Por parte galega, está confirmada a asistencia, entre outros, do deputado de Mobilidade Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra (Uxío Benítez,); dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia, do Reitor da Universidade de Vigo, de alcaldes e alcaldesas da zona e de diferentes organizacións empresarias e asociacións cívicas.

 

Debido ao contexto de pandemia Covid-19, e co fin de cumprir con todas as medidas de seguridade, só poden asistir presencialmente á sesión da tarde, que empezará ás 14.15h (hora portuguesa), aquelas persoas e medios de comunicación acreditados previamente.

 

Todas as persoas que o desexen poderán asistir por streaming a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño). O programa completo de actividades pode consultarse neste link: (https://eurocidadecerveiratomino.eu/ii-xornadas-da-amizade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí