Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A comunicación por ferri entre A Guarda e Caminha permanecerá interrompida todo o ano pola avaría no embarcadoiro da Pasaxe

Os graves problemas que ten o peirao de atraque do ferri na marxe Galega fan inviables as viaxes do barco que cubre o servizo de trasporte de pasaxeiros e vehículos entre A Guarda e Caminha.

Os graves problemas que ten o peirao de atraque do ferri na marxe Galega fan inviables as viaxes do barco que cubre o servizo de trasporte de pasaxeiros e vehículos entre A Guarda e Caminha.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • Os graves problemas que ten o peirao de atraque do ferri na marxe Galega fan inviables as viaxes do barco que cubre o servizo de trasporte de pasaxeiros e vehículos entre A Guarda e Caminha.
  • Portos de Galicia resolveu o contrato de cesión da Estación Marítima da Pasaxe ao concello da Guarda cando estaba a punto de producirse a adxudicación da explotación do inmoble como cafetería-restaurante a unha empresa local.

Na reunión mantida á petición do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, coa presidenta de portos de Galicia, Susana Lenguas, á que tamén acudiu o presidente da cámara de Caminha, Miguel Alves, a responsable das instalacións de atraque do ferri trasladou aos mandatarios municipais a grave situación actual do embarcadoiro e a complexidade da reparación que hai que acometer.

A preocupación dos responsables dos concellos da Guarda e de Caminha pola comunicación entre as dúas vilas e a ausencia de noticias fiables en relación a reparación da avaría no peirao, foron o motivo de concertar unha xuntanza entre os alcaldes e Portos de Galicia.

As inquedanzas dos alcaldes foron compartidas pola presidenta de Portos de Galicia que confirmou que, despois da valoración do estado actual do peirao, estase a elaborar un estudo técnico que servirá de base para a redacción do proxecto de rehabilitación. Susana Lenguas foi cautelosa en canto a contía e prazos para executar a reparación. En calquera caso avanzou que a obra podería rondar os 300.000 € e en canto a execución habería que pensar en 2023.

Hai que ter en conta que esta situación de falta de comunicación entre as dúas vilas do esteiro do miño xa non é de agora. Primeiro foi o peche de fronteiras con motivo da pandemia do COVID-19 e dende o verán de 2021 ven motivada pola avaría do peirao.

A falta comunicación entre A Guarda e Camiña resulta moi prexudicial para o mantemento das relacións sociais e económicas entre as dúas vilas raianas: para a veciñanza das dúas localidades, para o transito de turistas e visitantes e para o paso dos peregrinos que seguen o camiño portugués da Costa. Por este motivo, Antonio Lomba, co apoio dos alcaldes e alcaldesas do Camiño Portugués da Costa e o sector privado vinculado á ruta xacobea, viña demandando da Xunta de Galicia un transporte alternativo ao ferri mentres este non funcionaba. Un transporte alternativo, centrado principalmente en resolver os problemas dos peregrinos, empezou a funcionar a pasada Semana Santa e está permitindo que se recupere a continuidade do camiño a Santiago.

“A demanda da veciñanza e a que se produce en tempada alta polos turistas e visitantes non pode ser cuberta polas embarcacións habilitadas na actualidade debido ao súa reducida capacidade e a imposibilidade de transportar vehículos”. Declaraba Antonio Lomba. Asi mesmo dicía “é necesario recuperar o peirao do ferri, ben sexa para este barco ou para outro que poida necesitalo a curto prazo”.

Outro tema que Antonio Lomba abordou na reunión con Portos de Galicia foi a resolución do contrato de cesión da Estación Marítima da Pasaxe ao concello da Guarda. O contrato entre Portos e o concello da Guarda tiña vixencia ata o ano 2029 pero a entidade dependente da Xunta de Galicia, alegando cambios normativos, notificou ao concello a extinción do mesmo.

As consecuencias inmediatas da resolución do contrato son a anulación do procedemento de licitación que se estaba a producir para a explotación da cafetería da Estación Marítima e por outra banda que Portos se volve a facer cargo do inmoble. Neste sentido o alcalde trasladoulle a Susana Lenguas a petición de que puxeran en marcha algunha actividade no edificio como o concello tiña previsto facelo a través da licitación. “Sería unha pena agora que estaba a punto de adxudicarse a unha empresa local para que empezara a explotala, que Portos decidira quedarse de novo coa Estación para non facer nada nela.” declaraba o alcalde.

Dende o concello da Guarda confían en que o próximo verán, tendo en conta que estamos en ano xacobeo e que se espera unha grande afluencia de peregrinos e visitantes, Portos de Galicia poña en funcionamento as instalacións da Estación Marítima da Pasaxe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones